CHARLA SOBRE OS MAIOS DE VILAFRANCA DO BIERZO
De cara a que coñezan en profundidade os porqués desta festa tan nosa e que tan diluída neses porqués chegou ata nós en Marín (sobre todo en canto ao simbolismo tan forte cas coplas tiñan e que os nosos maiores coñecían porque as mamaron), andivemos á procura dunha persoa da gran familia dos Maios de Galicia que coñecese e amase en profundidade a festa e fomos dar con Héctor Silveiro; compañeiro do CPR San Narciso, natural de Vilafranca do Bierzo que lle falou aos nenos do maios humanos da súa vila e amosoulles as orixes da mesma para un mellor entender a nosa propia tradición. Graciñas Héctor
Enviar un comentario novo