Protocolo sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos
Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos.
No noso centro, o 14 de novembro de 2023 foi aprobada, en Consello Escolar, a seguinte norma que se recolle nas Normas de organización e funcionamento do centro:
ASUNTO: Normativa para regular o uso dos dispositivos telefónicos e electrónicos que poidan captar, gravar ou compartir imaxes e sons
Dende o CEIP Sequelo- Marín recomendamos non acudir ao centro con dispositivos telefónicos ou electrónicos que poidan captar, gravar ou compartir imaxes e sons, pero comprendemos que para algunhas familias son considerados como elementos de seguridade, polo que o alumnado poderá acudir ao centro cos dispositivos mencionados, sempre e cando os manteñan apagados. En caso de detectarse o seu uso dentro do recinto escolar, o aparato será requisado e gardado pola dirección do centro, que avisará ás familias para que veñan a recollelos.
O centro non se responsabilizará da perda, roubo ou deterioro dos dispositivos telefónicos ou electrónicos que poidan captar, gravar ou compatir imaxes e sons cos que acudan ao centro.
No caso das saídas complementarias, estes dispositivos non estarán permitidos, debendo quedar custodiados no centro.
Os dispositivos tecnolóxicos que se empreguen de forma pedagóxica sempre serán aportados polo centro.
Terase en conta a seguinte normativa:
Lei 3/2018 do 5 de decembro, De Protección de datos persoais e garantías dos dereitos dixitais
Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a lei de convivencia.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
orde_uso_mobiles_asinada.pdf | 222.1 KB |