BENVIDOS AO COLE
Dende o CEP SEQUELO, queremos darvos a benvida a este ano tan especial, onde coma sempre e incluso moitísimo máis, imos ter que traballar pais, alumnos e profes cóbado con cóbado para saír con ben desta situación que nos tocou vivir. Todos xuntos somos Escola.
O Xoves, 10 de Setembro comezan as clases. Haberá dous turnos de entrada:
ás 9 horas: 1º e 3º;
ás 9:10 horas: 2º curso.
O Venres, 11 de Setembro, engadiranse os 4º, 5º e 6º , onde xa estarán tódolos cursos entrando os impares ás 9:00 e os pares ás 9:10, é dicir:
ás 9:00 horas: 1º, 3º e 5º cursos
ás 9:10 horas: 2º, 4º e 6º cursos.
A saída será respectivamente ás 2 e 2:10.
Lembrade que cada curso ten asignada unha entrada e unha saída das catro que van existir no centro.
Enviar un comentario novo