Embarcación Xiana 2018
O 1 de maio do ano pasado, xa baixamos cun maio e un barco. Eu estaba no maio con meu amigo Victor e Fran. Eramos os mais pequenos pero fomos os que mais coplas vendimos...Ben, o que vendeu mais coplas foi Fran. Logo as 12 cantamos e pola tarde fixémolo no concurso. Gañamos os 3 premios
Este ano, cando chegamos a alameda, o primeiro que fixemos foi coller as coplas que estaban debaixo do noso barco, e fomos vendelas. A uns déronlle moito diñeiro como a Miguel 5 € por unha soa copla, pero a outros déronlle pouco coma min que un me deu 6 céntimos por unha copla.
Ao chegar as 12h cantamos para o público.
Logo, pola tarde, estiven xogando ao fútbol cos meus amigos dos maios e a outra embarcación do CEP SEQUELO. Cando chegaron as 17:30 h cántamos para os xuíces e unha hora máis tarde gañamos moitos premios, e comemos rosca con chocolate.
Feito por Manuel Santiago Villanueva- Noé González Soage 6º B
Enviar un comentario novo