8 de marzo, Día da Muller Traballadora
O día 8 de marzo, foi o Día da Muller Traballadora. Conmemórase a loita da muller pola igualdade de xénero. A primeira celebración deste día tan especial, tivo lugar o 19 de marzo de 1911 en Alemaña, Australia, Dinamarca e Suíza. Posteriormente, a súa conmemoración foise extendendo.
Este día é contra o machismo, que é a actitude ou maneira de pensar de que o home é superior á muller.
Algunhas mulleres para conmemorar o día da Muller Traballadora, colocan un delantal no seu balcón para que se saiba que ese día a muller non traballa.
Comisión periodística 5ºB
Enviar un comentario novo