Responder ó comentario
Titorial Stop Motion
Enviado por josean o Mar, 07/04/2020 - 18:45Facer unha curta animada pódevos parecer unha cousa moi complicada pero tendo un teléfono ou unha tablet convértese en algo moi sinxelo tendo instalada neles unha App gratuita chamada Stop Motion Studio. E para que vos animades a mandarnos as vosas creacións logo deixámosvos dúas curtas dos nenos de 5º. Polo de agora e para empezar recomendámosvos este titorial feito por Luz Beloso que é mestra de Artística en Cangas.
Se alguén se animou e domina o Stop Motion Studio, aquí tedes outras ideas para levar a cabo as vosas curtas, contadas por nenos só dous anos maiores ca vós.