Responder ó comentario
Na percura do tesouro
Enviado por Menchi o Mar, 10/04/2018 - 11:13O Alumnado de 3º e 4º de primaria fumos ver a obra de teatro: "Na percura do tesouro". Tratábase dun mozo que buscaba un tesouro que agochaba unha moura no bosque. O mozo tiña que pasar cinco probas para conseguilo, pero a moura avisoulle de que no tesouro non había nin xoias nin moedas de ouro. A obra remata cando o mozo consegue pasar as probas. Foi unha obra divertida e "super lexendaria". Despois fumos ver unha exposición de fotos que tiñan máis de cen anos dunha muller americana chamada Ruth Matilda Anderson e rematamos a mañán facendo un taller de xogos onde fixemos un boneco boxeador de papel con articulacións porque os nenos desa época facían os seus xoguetes.
Uxía, Aroa, Ágata e Noel