Maio 2024
Novas camisetas para os Maios
Enviado por josean o Xov, 23/05/2024 - 00:19Grazas ao esforzo conxunto de toda a Comunidade Educativa (alumnos, pais, mestres...) este ano conseguimos ampliar a participación na celebración dos Maios da vila a tódolos alumnos de Primaria. Grazas a este traballo colaborativo é que dotaremos de camisetas co logo do noso centro aos cursos que se incorporaron este ano. Camisetas como as que nos amosan estes modelos de 2º con gracia e pose.
Contacontos "As Chaves de Lu"
Enviado por laurarialf o Mér, 22/05/2024 - 14:56Onte tivemos outras das actividades programadas para o celebrar as Letras galegas. Como xa vos dixemos, este ano a conmemoración é a Luisa Villalta, por iso Raquel Queizás veu a contarnos “As chaves de Lu”. Desfrutamos dunha xornada moi divertida todo o cole xunto e ata algún dos nosos compañeiros e compañeiras sacou o seu lado máis actor e actriz!
Brincaxogos
Enviado por laurarialf o Mér, 22/05/2024 - 14:48O pasado día 15 foi o día da familia e un ano máis, os e as peques de infantil convidaron as súas familias para pasar un rato divertido todos e todas xuntiñas e celebrar os Brincaxogos. Fixeron mogollón de cousas: ler contos, xogos de mesa, construcións, un pouquiño de arte... Pero sen dúbida, o que máis fixeron foi desfrutar!
Grazas por vir, familias!
X FEIRA DO LIBRO USADO
Enviado por Ruth o Mar, 21/05/2024 - 10:00O sábado 8 de xuño é a data escollida para celebrar a X FEIRA DO LIBRO USADO. O horario será de 10:30 horas ata as 13:00 horas, na Alameda Rosalía de Castro. Arredor das 12:30 horas haberá unha sesión de música tradicional e contacontos a cargo de CE ORQUESTRA PANTASMA.
COMO FUNCIONA? Moi sinxelo!!! Achega, ao teu centro, os libros, contos ou bandas deseñadas que tes na casa e aos que lles queres das unha segunda vida. Alí, daranche un vale por cada libro. O día da Feira poderás canxear os vales por libros en calquera dos "stands" habilitados.
Ánimate a participar!!
Fondo Solidario Libros de Texto e Axudas para adquirir Libros de Texto e Material Escolar
Enviado por Belen o Mar, 21/05/2024 - 09:08Dende hoxe ata o 20 de xuño poden solicitar as axudas de libro de texto e material escolar.
No arquivo adxunto poden descargar a solicitude e presentala presencialmente no centro ou na web https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
O horario de secretaría para entregar a solicitude é de luns a venres 9:00 a 9:45 de luns a venres e de 13:05 a 14:00 de martes a venres.
Se algunha familia precisa outro horario que contacten co correo do centro.
X Certame de Narración "Marín Conta"
Enviado por josean o Ven, 17/05/2024 - 16:10Como colexio procuramos participar, con máis ou menos sorte, en tódolos certames que as asociacións culturais locais convocan. Entre os premiados deste ano estiveron dous alumnos nosos Darío Pereira Omil e Diego Soage Piñeiro
As nosas Letras Galegas
Enviado por laurarialf o Xov, 16/05/2024 - 15:48Mañá é 17 de maio e celebramos o día das Letras Galega nas que se homenaxea á poeta Luisa Villalta. Dende o colexio levamos a cabo diferentes actividades sobre este día e outras que aínda están por chegar na seguinte semana. Aquí vos deixamos un vídeo-resumo sobre elas.
Ademais, dicirvos que este vídeo exporase no Museo Municipal de Manuel Torres de Marín, no acto que o concello realiza sobre as Letras Galegas. A celebración é ás 12.30 e o noso cole estará representado por unha persoa do claustro.
Por último, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co Equipo de Biblioteca elaboramos un tríptico con recomendacións que podedes atopar na nosa biblioteca. Animádemos a visitala!
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (III)
Enviado por josean o Dom, 12/05/2024 - 16:11A foto máis antiga que nos trouxeron das casas e esta de 1931 que a familia de Elsa Sanjorge Pesqueira de 2º conservaba colgada na parede da casa familiar da Veiguiña
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (II)
Enviado por josean o Dom, 12/05/2024 - 16:00Adriana Cambeiro de 4º tróuxonos esta estupenda foto de 1954 que tiña na súa casa e este é o podcast que fixo a partir dela.