Decembro 2021

Comezamos o Proxecto Dixicraft

Cunha pequena avaliación inicial da competencia dixital e os coñecementos que sobre dereitos de autor, teñen os nosos alumnos, empezaron en 5º e 6º o Proxecto Digicraft no teu cole.

GUÍAS DE LECTURAS DOS EDLG MORRAZO

  Un ano máis e grazas ao traballo da Coordinadora de EDLG do Morrazo chégannos estas recomendacións de lecturas. A nosa mascota da biblioteca, Birlo, xa lles botou unha ollada e asegura que atopou libros moi "chulos". Mesmo pensa que sería unha estupenda idea engadir algún título á carta que lle escribamos aos Reis Magos, a Papá Noel ou ao Apalpador.

Que mellor xeito de encetar un novo ano que lendo un bo libro!

*Fai doble clic no PDF adxunto para abrilo (ou na imaxe).

Paratriatlón!

Este ano quixemos imitar á paralímpica galega Susana Rodríguez, xa que veu de convidada á carreira Pinga Pinga o pasado mes de outubro.

As condicións climatolóxicas non nos deixaron moito tempo pero pasamos unha experiencia única e moi divertida, a pesares das limitacións visuais.

Parabéns a todos/as e moitas grazas por facer posible esta xornada.

Dende o CEP SEQUELO, desexámoslle moita sorte a Susana Rodríguez que deixa Galicia para ir a outra comunidade autónoma onde o paratriatlon e as categorías menores teñan o sitio que merecen!

"Concurso de Tarxetas de Nadal 2021"

Como cada Nadal chegou o momento do tradicional "Concurso de Tarxetas de Nadal", este ano pedimos ao alumnado que procurasen integrar o tema do PDI "Inventos que cambian o mundo" nas súas tarxetas de felicitación, e como podedes comprobar captaron moi ben a idea.

Noraboa aos finalistas e gañadores e moitísimas grazas a todos  pola vosa participación, puxéstesllo realmente difícil ao xurado.

Campaña Solidaria de Recollida de Alimentos 2021

 

Estimadas familias:

Achégolles a convocatoria da "Campaña solidaria de recollida de alimentos 2021" organizada polo Concello de Marín e na que colaborará tamén o noso colexio:

"Co fin de coordinar unha acción conxunta entre as ONGs e os centros educativos de Marín, quería facervos chegar o cartel da campaña de solidariedade para a recollida de alimentos non perecederos, produtos de Nadal e produtos de hixiene e limpeza.

A campaña consistirá en que durante a semana do 13 ao 17 de decembro, o alumnado poida aportar algún produto, e os días 20 e 21, unha persoa do Concello pasará a recollelo para xuntalo e que as 6 ONGs fagan o reparto, tendo en conta o número de familias ás que axuda cada ONG (COMEDOR BENÉFICO, CÁRITAS, CÁRITAS SANTOMÉ, AYUDA EN ACCIÓN SOR ELVIRA, AMENAC e SOS).

Agradecer de antemán a vosa colaboración.

Un saúdo,

Marián Sanmartín
Concellaría de Educación e Benestar Social
Concello de Marín"

3 de decembro: "Inventos que facilitan a vida ás persoas con discapacidade"

Conmemoramos o 3 de decembro o "Día Internacional das Persoas con Discapacidade" investigando un pouco sobre os inventos que facilitan a vida a estas persoas, seguindo co noso PDI "Inventos que cambian o mundo".

Con todos os que atopamos fixemos un gran mural, e aprendimos como todos estes inventos, descubrementos e tecnoloxías fan máis fácil que o día a día destas persoas; e a importancia de seguir investigando para que estas persoas melloren a súa calidade de vida.

Tamén recordamos algunhas das frases que nos deixou na súa entrevista, o pasado 20 de outubro,  a atleta paralímpica Susana Rodríguez Gacio
 

Concurso de “ADORNOS NAVIDEÑOS RECICLADOS” organizado pola ANPA AIDÓN

Concurso de “ADORNOS NAVIDEÑOS RECICLADOS”

BASES

1º Objetivo
El objetivo principal de este concurso es la elaboración de adornos navideños por los propios niños, para decorar el abeto de la entrada principal del colegio, a partir de materiales de residuos a desechar, que mediante transformación, pudieran tener un nuevo uso como objetos de adornos navideños.
Se trata de tomar conciencia sobre la cantidad de residuos diarios que generamos con la consiguiente problemática medioambiental, comprendiendo el valor de evitar consumos innecesarios y promoviendo la búsqueda y descubrimiento de posibles soluciones.

2º Participantes
Podrán participar todos los alumnos matriculados en el CEP Sequelo.

3º Técnica
La técnica será libre. Se podrá utilizar cualquier material residual (botellas de plástico, cd, anillas de latas, latas, tetabriks, tela, corcho, …) susceptible de ser transformado en un nuevo objeto de temática navideña (bolas de navidad, farolillos, cadenetas, …).

4º Premios
Habrá tres categorías:
Categoría 1: Para alumnos de 5º y 6º.
Ganador y 2 Finalistas.
Categoría 2: Para alumnos de 3º y 4º.
Ganador y 2 Finalistas.
Categoría 3: Para alumnos de 1º y 2º.
Ganador y 2 Finalistas.

5º Criterios de valoración
- Edad del niño.
- Creatividad.
- Transformación de materiales.
- Consumo mínimo de recursos.
- Diseño.
- Número de materiales reutilizados.
- Aprovechamiento de materiales recuperados.

6º Exposición
Los adornos se pueden traer a partir del 9 de diciembre y quedaran expuestos durante el periodo navideño pudiendo ser retirados por sus creador@s el martes día 21 de diciembre de 2021.
La no recogida de materiales en la fecha indicada no garantiza la devolución.
LOS ADORNOS TENDRÁN QUE ESTAR PERFECTAMENTE IDENTIFICADOS Y CON SISTEMA PARA COLGAR. SE LES DARÁN A LOS TUTORES. Y LOS NIÑOS PODRÁN COLGARLOS EN EL ABETO DE LA ENTRADA CUANDO EL TUTOR LO CONSIDERE OPORTUNO.

7º Disposiciones generales
La participación en el concurso implica el conocimiento y aceptación de todas y cada una de las estipulaciones recogidas en las bases.

8º Jurado
El jurado estará formado 3 profesores del colegio y dos miembros del Anpa.
Los premios se darán el día 21 en horario lectivo.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.