Decembro 2020
Videoconferencia a familias: "A educación a distancia" para 1º e 2º de primaria
Enviado por xose o Ven, 04/12/2020 - 01:07O venres 4 de decembro ás 16h00 terá lugar a videoconferencia "A educación a distancia 1º-2º PRIMARIA)" a cargo de Sérgio A. Nunes Garcia, dentro da escola de familias organizada polo CFR de Pontevedra e o CEP Sequelo. O acceso á mesma realizarase a través da seguinte ligazón:
https://eduxunta.webex.com/eduxunta-pt/j.php?MTID=m4096b0bf0bab7fa3536b528e6468aaa8
Instrucións de acceso:
-
Lembren usar un navegador Chrome.
-
No caso de acceder con dispositivo móbil (tablet ou teléfono) deben descargar a aplicación Cisco Webex Meetings e acceder desde ela á ligazón.
-
Lembren pór un nome e un correo electrónico (calquera). Se non introducen un nome e un correo non poderán acceder á reunión. Para practicar e sabermos que familias se conectan, poden usar o nome do seu fillo/a e curso (ex. Miguel Solla 3B).
-
A xuntanza será gravada para un posterior acceso á mesma.
Guión da xuntanza
-
Webex. Conexión. Forma de entrada (nome, correo-e). Normas básicas de funcionamento e comportamento.
-
Normas en confinamento.
-
Aula Virtual. Funcionamento básico, entrada nun curso. Emprego da app de Moodle. Entrega de tarefas (pdf). Outras funcionalidades (calendario, foros, mensaxería).
-
Protección de datos: imaxe e datos de alumnado.
-
Abalar. Funcionalidades básicas.
-
Tempo aberto a dúbidas.
Listaxe provisional do alumnado beneficiario de máscaras
Enviado por Anónimo o Xov, 03/12/2020 - 15:30Publicada a listaxe provisional do alumnado beneficiario das máscaras. A listaxe está exposta á entrada do centro.
Todo o alumnado que tivo á axuda de material é beneficiario das máscaras
Día Internacional das persoas con discapacidade (3/12/20)
Enviado por xose o Mér, 02/12/2020 - 12:20Conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das personas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en tódolos aspectos da vida.
Para ese propósito propoñemos dous vídeos para velos e comentalos co noso alumnado. Son: Cuerdas, curtametraxe de 10 minutos de duración, de Pedro Solís García. Foi o gañador do Goya® 2014 na categoría de "Mellor curtametraxe de animación española".
O segundo vídeo, de 4 minutos de duración, titúlase "O regalo", e o seu protagonista é un canciño moi xoguetón.
E no caso de coñecer xa estes vídeos, temos máis posibilidades na CARTELEIRA INCLUSIVA que nos propón o blog Averroes da Junta de Andalucía.