Abril 2020
#DíaInternacionaldaDanza (Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Mér, 29/04/2020 - 13:01Que é a danza?
A través de movementos corporais, os seres humanos expresáronse e comunicáronse dende tempos ancestrais. A danza é, seguindo a definición da RAG. “un conxunto de movementos que se executan seguindo o ritmo da música e que forman unha peza completa de baile”.
Co paso do tempo foi cambiando e evolucionando, polo que, na actualidade, poden verse diversos estilos e xéneros que van dende o tradicional o académico e ao cotiá.
Un día para a danza
En 1982, o Comité Internacional de Danza, pertencente ao Instituto Internacional de Teatro, tomou a suxestión do mestre ruso PieporGusev de crear un día para esta manifestación artística, polo que la Unesco, atendendo dita solicitude, elixiu o 29 de abril como data desta celebración, isto, por ser o día que corresponde o nacemento de Jean-Georges Noverre.
Con dita celebración búscase fomentar a participación e a atención do público sobre a importancia da arte e da cultura da danza.
Jean-Georges Noverre
Foi un bailarín francés que naceu o 29 de abril de 1727. Noverre, foi un gran bailarín e escritor, deixou numerosas coreografías e publicacións relacionadas coa práctica e a teoría do ballet, o que provoca que sexa considerado o creador do ballet moderno. Morreu en 1810 en Saint-Germain-en-Laye, Francia.
MATEMÁTICAS (29-04-20)(3º)
Enviado por Anónimo o Mér, 29/04/2020 - 03:23Moi bos días!
Hoxe é un día especial porque temos a un compañeiro de cumpleanos! Parabéns Aarón! Que cumplas moitos, moitos máis!! Xa che cantaremos todos xuntos!
Hoxe van exercicios de matemáticas cunha temática moi bonita como o calendario. Sabedes manexalo? Pois vamos a comprobalo!Pero moito ollo, non apuredes nas respostas e pensalo dúas veces, vale?
Moito ánimo cos exercicios! E xa sabedes, se tendes dúbidas, de 11 a 13 horas ando polo videoconferencia!
Tamén vos deixo dous exercicios interactivos para non esquecer as multiplicacións. Mandalos ao enderezo de terceirosequelo@gmail.com!
Veña! A polo Mércores!!
Iepaaaa!!!
https://www.liveworksheets.com/tk53393sk
https://www.liveworksheets.com/cb254496so
Instrucións do 27 de abril de 2020 para o terceiro trimestre (Consellería de Educación)
Enviado por xose o Mar, 28/04/2020 - 12:34Música dende a casa (30): Coplas de Ariadna (6ºB) e Diego (4ºB)
Enviado por Anónimo o Mar, 28/04/2020 - 12:27Moitas grazas por alegrarnos con estas coplas e coa vosa interpretación! Noraboa! Moi ben feito!
Levántate Maio...2020 (5)
Enviado por inesduran o Mar, 28/04/2020 - 12:23Os Maios do Sequelo
Antía Cordal 5º............................................trenzou a espadaina.
Maio Confinado de Xoel......................Maio de Irene
Maio de Rubén.................................Maio Río Lameira de Irene
Maio Tristeiro de Elva............Maio Os Valentes do Sequelo de Dani
Maio Sanitario de Candela.......................co seu armazón
Pampullos e Fiuncho
Moito traballaron estes compañeiros.
Moitas Grazas polas vosas obras de arte.
¡MENUDOS ARTISTAS!
Música dende a casa (29): Coplas de Darío (6ºA) e Breixo (5ºB)
Enviado por Anónimo o Mar, 28/04/2020 - 09:51#DEFC2020 #DEFR2020 (Día da Educación Física na "Casa")
Enviado por Anónimo o Mar, 28/04/2020 - 01:20Chegou o 28 de abril DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA.
O reto de hoxe é asolagar as redes sociais con fotos e vídeos facendo actividade física baixo o hashtag #DEFR2020 #DEFC2020, invitade a vosa familia e amigos/as que fagan o mesmo. Entre todos e todas seguiremos facendo grande o Día da Educación Física na Casa. Durante o confinamento está a demostrarse que a EF é moi importante para o mantemento do benestar físico, psíquico e social das persoas e, por iso, seguimos reivindicando o lugar que lle corresponde.
Hoxe é o día da actividade física e o deporte, polo que seguirei ao longo do día actualizando este post, espero que o pasedes moi ben!.
Recordade enviarme os vosos vídeos e fotos facendo actividade física a profetamaraef@gmail.com
Tamén compartir con vós a SequelOCA, espero que vos guste, e que o pasedes moi ben con ela, todavía quedan algunhas pictofotos por completar, pero espero ir mellorandoa pouco a pouco.
Esperando que chegue o 28 de maio! (Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Lun, 27/04/2020 - 19:42Mañá, 28 de abril, celebramos o Día da Educación Física na Casa. Cumpre o seu décimo aniversario, desde que en 2011 se celebrase a primeira edición, e nesta ocasión cambia a súa R de Rúa pola C de casa, porque o confinamento está a facernos descubrir outra forma de traballar a EF e queremos ensinalo a toda a sociedade.
O Día da Educación Física na Casa 2020 quere mostrar a miles de persoas a actual EF: integradora, variada, cooperadora, divertida e transmisora de grandes valores.
As cifras de adhesión ao #DEFCR2020 #DEFC2020 superaron as da edición anterior hai semanas, alcanzando neste momento os 1.300 centros educativos e 250.000 alumnos/as en toda España.
Co gallo da celebración mañá ás 10:00 horas a través de YouTube Consejo COLEF, poderemos gozar dunha sesión lúdica e dinámica participando toda a familia.
GRAZAS MAMÁ
Enviado por inesduran o Lun, 27/04/2020 - 19:18Día 1 de Maio
Nesta última semana do mes de Abril podemos ir ao calendario e
comprobar que o mes de maio comeza con dúas Festas.
1.O Día 1 de Maio, San Xosé Obreiro.
Celébrase o día do traballo, recordando a San Xosé carpinteiro.
Este ano non se celebran as festas en Cantodarea coma sempre recordamos.
Pero non nos imos olvidar dela.
2.Ademáis é tamén o día de Os Maios. ANÍMATE A FACER UN MAIO
Fixen un vídeo tutorial na miña casa para animarvos a facer un maio de papel.
Poñede logo o voso maio na ventá de casa.
3.Pero o día máis importante é o día da NAI. Témoslles moito que agradecer.
Escribe nun folio en letras grandes:
GRAZAS MAMÁ...
Non te esquezas de darllo.
Levántate Maio...2020 (4)
Enviado por inesduran o Lun, 27/04/2020 - 18:39Ángel Sorbet de 6ºB fixo outro maio, unha manualidade feita con flores secas que atopou na casa.
Maios 2020.
Mirade que artista!
Outra manualidade lista para lucir na ventá na festa dos maios.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »