Febreiro 2019
Liga LEGO Jr. 2018-2019 (8) Misión Cumprida!
Enviado por xose o Lun, 18/02/2019 - 23:36Por fin chegou o día da presentación! Chegamos a Ferrol ás 9 e media da mañá cos nosos papás e mamás e fomos para o Auditorio coa maqueta e o póster. Alí recibíronnos os encargados da organización e asignáronnos unha mesa para colocar a nosa maqueta, xunto á doutros doce equipos máis de toda Galicia.
A iso das 11 da mañá foi o noso turno para expoñer o traballo diante do xurado, que estaba formado por tres científicos/as vestidos coas súas batas brancas. Despois de expoñer fixéronnos unhas cantas preguntas que soubemos responder.
Despois tocou merenda gratis, con froita e bocata. E pasamos o rato xogando na zona de descanso, mirando as maquetas dos outros equipos, e mesmo observando como competían os equipos dos maiores nos xogos do robot.
Por fin, case ás dúas da tarde chegou a entrega de premios. Primeiro un mago fixo dous trucos que nos deixaron coa boca aberta. A seguir os equipos subiron ao escenario do Auditorio a recibir o diploma e unha medalla feita con pezas de Lego para cada un de nós. No diploma déronnos a mención especial ás mellores ideas explosivas! Despois fixemos a foto de equipo.
Ao saír fumos comer invitados e a comida estaba ben boa!
Pola tarde guiáronnos para visitar as instalacións da Universidade, e puidemos ver:
. O túnel do vento
. A canle xeradora de ondas
. As gafas de realidade virtual
. Os raios láser
. A sala de robots
. A sala do coche autónomo e de simulación de excavadoras...
O que máis nos gustou foi o túnel de vento e as gafas de realidade virtual!
Moitas grazas a toda a organización porque foron moi amables e fixéronnos sentir moi ben. Foi un día fantástico e para o vindeiro curso volvemos!!
O grande come ao pequeno
Enviado por josean o Ven, 15/02/2019 - 18:00Evolución do típico acuario realizado polos alumnos de 6ºA. Leva co rato ao peixe grande cara aos pequenos e mira o que sucede
O compost
Enviado por Anónimo o Xov, 14/02/2019 - 13:25Equipo 3 de redacción ( Xoel, Laura, Yasmín e Carla)
O mércores 13 de febreiro, uns nenos de 6º curso ( Nayara, Mateo, Ángela e Samuel) ensináronnos cunha presentación de diapositivas o que é o compost.
A cousa que máis nos chamou a atención foi por que está formado o compost, e agora xa o sabemos; está formado por residuos orgánicos, terra, follas, paus...
Non se poden botar líquidos como o leite e a sopa, medicamentos, pilas, plásticos, vidros...
Despois leváronnos a ver o compost que estaba no patio. O compost tarda de 6 a sete meses en convertirse en terra fértil.
Algúns animais como as miñocas, lesmas, caracois...descompoñen o compost.
Encantounos, pero...que peste!
Traballando en clase
Enviado por Anónimo o Xov, 14/02/2019 - 12:31Equipo 4 de redaccion ( Martín, Sara, Alexandra, Dani e Rubén )
Chegamos de vacacións de Nadal con moita enerxía!
Aínda que non escribimos no blogue, estamos a traballar moitísimo en clase.
En ciencias da natureza, fixemos un traballo, chamado "Menú saudable" no que tivemos que poñer unha dieta para tres dias.
En informática seguimos con M-Bot e tamén estamos facendo un traballo sobre animais.
Para o Día da Paz cantamos con todo o colexio unha canción coa música da "Marcha Radetzky" e fixemos o sonido co corpo. Despois de ensaiar, sempre nos doían as mans e as pernas. Sabiamola moi ben! E saiunos xenial!
En lingua escribimos moitos textos, por exemplo, descricións. A ver si acertades de que personaxes falamos.
Din que habita nos castelos. Poden ser de cor azul, amarelo, vermello...É moi grande e voa, e as barbacoas que fai --mmm!...Que ricas!
Non ten moitos amigos e algunha vez casi seguro que tiveches algún peluche del. ( Breixo S.)
Parece unha persoa normal, pero cando a lúa está chea crécenlle moitos pelos polo corpo, póñenselle os dentes moi afiados e as orellas, coma as dos...
Dá moitísimo medo! (Breixo V.)
As plantas do Lameira
Enviado por Menchi o Xov, 14/02/2019 - 11:49Somos Dani, Miguel, Lucía e Pedro e imos explicaros as características das plantas, a súa clasificación, as especies en perigo de extinción e as plantas invasoras.
Primeiro curso traballa con Legos
Enviado por xose o Mar, 12/02/2019 - 21:02O grupo de 1º curso de primaria traballou hoxe cos kits de máquinas simples de Lego, que nos remitiu a Consellería dentro do programa de Robótica.
Este kit permite construír e coñecer o funcionamento básico de máquinas simples como son as engranaxes, as rodas e eixes, as poleas e as pancas.
Formamos na aula 5 equipos. Nomeamos un secretario/a en cada equipo. Logo de repartir os kits puxémonos mans á obra e o secretario/a cumprimentou a folla de observación do modelo construído coa axuda dos compañeiros/as.
Nesta primeira primeira sesión iniciamos a unidade das engranaxes, que son rodas con dentes que xiran e transmiten o movemento dunhas a outras. Sabemos que por exemplo as bicis, os reloxos analóxicos, os motores, etc. teñen engranaxes, e que estas poden ser de diferentes tamaños, con moitos dentes ou poucos dentes.
Para rematar tivemos uns minutos de xogo libre. Todos quedamos encantados coa actividade, pois gústannos moito os Legos, e para a semana repetimos!
Ping Pong futbol
Enviado por josean o Ven, 08/02/2019 - 18:45Traballo de Pedro Grosso mesturando outro xogo clásico cun dos seus intereses, o fútbol. Premede a bandeira verde para empezar a xogar, ontrolade a barra vermella co "a" e o "z" e a azul coas frechas verticais do cursor
FINAL PROVINCIAL ESCOLAR CAMPO A TRAVÉS
Enviado por josean o Ven, 08/02/2019 - 13:33O pasado xoves celebrouse en Portas (Caldas de Reis) a final do Campionato Provincial Escolar de Campo Través. Do noso centro participaron as rapazas de segundo de primaria que brillantemente acadaran a clasificación na proba celebrada en Marín. Nesta proba volveron acadar excelentes resultados, copando os tres postos do podio Aitana, Valeria e Noa.
Noraboa a todas as participantes do noso centro, pola gran proba realizada e aos seus compañeiros polo apoio dende as gradas.
Liga LEGO Jr. 2018-2019 (7)
Enviado por xose o Lun, 04/02/2019 - 21:35SÉPTIMA SESIÓN
Para comezar anticipamos o contido do noso póster de presentación, deseñando un borrador coas tres partes a incluír: Explorar, Crear/Comprobar e Compartir.
A seguir dividímonos en dous equipos. O primeiro esforzouse en mellorar a nosa maqueta, aínda que non foi tarefa fácil, pois había moitas ideas diferentes. O segundo equipo deseñou novos robots coa programación correspondente, pero aínda non nos convencen os modelos definitivos.
Na vindeira sesión faremos un boceto de póster e practicaremos a presentación oral. Darémoslle unha volta máis á maqueta e aos robots.
Outro traballo pendente e elaborar o logo do noso equipo, que xa ten unha proposta definitiva.