Marzo 2018
A Granxa de Briz
Enviado por Menchi o Mér, 07/03/2018 - 22:47Os cursos de 4º de primaria visitaron a Granxa de Briz.
XOVES 8/03 MERENDAREMOS PLÁTANO
Enviado por Belen o Lun, 05/03/2018 - 10:28Estimadas familias:
Recordámoslle que nos anotáramos ao Proxecto Froita Fresca, no que durante catro semanas ao longo deste curso, todos os nenos e nenas do CEP Sequelo terían á súa disposición froita ecolóxica da tempada na súa merenda do recreo, cada día unha froita diferente. No mes de novembro tivemos 9 días e debido aos recortes económicos acábannos de confirmar que en vez de as catro semanas prometidas só poden ser dúas. Polo tanto, soamente nos queda un día de froita. Será plátano, para o xoves desta semana.
Un saúdo, Belén Mata.
Apadriña un robot
Enviado por josean o Dom, 04/03/2018 - 10:39Queremos que lle poñades nome aos nosos robots. Os vosos compañeiros do EEI O Grupo, xa o fixeron e os do EEI Virxe do Carme, tamén.
Campaña da Asociación Duchenne Parent Project
Enviado por xose o Ven, 02/03/2018 - 14:00O día 28 de febreiro celebrouse o día mundial das enfermidades raras. Dende o CEP. Sequelo damos coñecemento dunha campaña de visibilidade da Asociación Duchenne Parent Project España (DPPE), unha entidade sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública, que está formada por nais e pais de nenos afectados pola distrofia muscular de Duchenne (DMD) e a distrofia muscular de Becker (DMB). Na web da asociación atopamos toda a información necesaria: https://duchenne-spain.org
Desde Duchenne Parent Project queren dar visibilidade a esta enfermidade rara para favorecer, dinamizar e promover as investigacións médicas para que se poñan en marcha as terapias que permitan curala. Desde o CEP. Sequelo informámoslle que todos/as os que queiramos colaborar podemos facelo mercando un bolígrafo deseñado a tal efecto, que estará á venda nas tendas de Mimos Animaciones (Ezequiel Massoni nº 36) e na papelería D’Cores (Jaime Janer 52) a un prezo de venda de tres euros.
Manual de montaxe do Mbot
Enviado por josean o Ven, 02/03/2018 - 13:21Os nenos do Cep Sequelo montamos un robot (Mbot).
Eu así o fixen: o primeiro foi quitar a parte de arriba; despois os doús sensores, as baterías e as rodas grandes.
Fixate ben e non perdas nada, despois xa o podes controlar cunha aplicación chamada Mblock.
Visita Mbot a EEI O Grupo
Enviado por josean o Ven, 02/03/2018 - 10:33O día 16 de Febreiro, os alumnos de 6ºB do noso colexio, foron cos robots a ensinarlles aos nenos do EEI. O Grupo como funcionan.
Ensináronlle o segue líneas, e algúns nenos probaron a manexalos, despois de que os nosos alumnos explicaran todo, os nenos do Grupo ensináronos dous xogos co seu Bee-Bot. Logo fomos polas aulas a saludar as nosas antigas profesoras, aos nosos coñecidos...
Feito por: Noelia Veiga Prieto
Visita Mbot a EEI. Nosa Señora do Carme
Enviado por josean o Ven, 02/03/2018 - 10:19O día 24 de Febreiro os alumnos de 6ºB foron ao colexio Nosa Señora Do Carme.
Levamos os robots e un coche con motor eléctrico de lego. O primeiro que fixemos foi unha presentación do coche, feito por Martina, e logo outra sobre como montar os robots (Mbot), feita por Saioa.
A continuación deixamos manexar aos alumnos do colexio do Carme os Mbots.
Ao cabo dun rato, o director ensinounos o establecemento; as aulas, os patios para o recreo...
Feito por
Martina Pazos Iglesias
Saioa Iglesias Domínguez