Novembro 2014
PREPARAMOS O BELÉN....
Enviado por inesduran o Mar, 18/11/2014 - 19:20NADAL
Outro ano ás portas do Nadal...
Xa empezamos os ensaios das panxoliñas.
Estámonos a reunir nos recreos os luns, martes e mércores...
Nesta semana podemos empezar a pensar nun Belén para a clase
de Relixión. Este ano probaremos con tapóns de corcho.
Aquí vos deixo algúns exemplos do máis doado....FAI CLICK NA IMAXE...
MAGOSTO 2014
Enviado por josean o Mar, 11/11/2014 - 00:30Xogos, adiviñas, cantigas, castañas asadas, moitas castañas asadas e borro ata as orellas, cunhas pinguiñas este ano da música de Paco Nogueiras e o seu rap do Magosto
ADIVIÑAS PARA O MAGOSTO
Enviado por josean o Lun, 10/11/2014 - 09:04Dentro do traballo que para o Magosto levamos feito e seguindo as pegadas máis tradicionais do día, houbo cantigas, xogos... mais tamén houbo adiviñas. Algunhas de creación propia coma estas dúas.
SAMAÍN 2014
Enviado por josean o Dom, 09/11/2014 - 23:43TARDE PIACHES
Enviado por josean o Dom, 09/11/2014 - 18:31Tarde piamos en dar a solución á primeira pregunta do noso Concurso de Normalización, da voz dos nosos ledos gañadores.
CONTOS DE MOURAS
Enviado por josean o Dom, 09/11/2014 - 18:23Algunhas das lendas tradicionais de carácter fantástico que os rapaces de 6º teatralizaron como base do seu traballo cara ao Samaín.
A BRUXA
Enviado por josean o Dom, 09/11/2014 - 18:15Para o Samaín a clase de 5º B cos pobres medios cos que contamos, prepararon esta canción. Desta vez volvéronse, co maior respecto á cultura dun pais que tantas afinidades ten co noso como é México, cantadores de Huapango. Os rapaces souberon desta vez da dificultade de adaptar unha canción dunha lingua a outra, inda que sexan tan cercanas. Sen coñecer a melodía e tendo que conservar os esquemas rítmicos, o producto final foi moi aceptable. A canción orixinal é un clásico da cultura tradicional do Norte de México que ten un cento de letras diferentes, dende Lila Downs ao grupo veracruzano Tlen Hiucani que foi a que se elixiu para adaptar ao galego.
AS MOURAS E OS CASTROS
Enviado por josean o Mér, 05/11/2014 - 22:26Este é o material que os nenos e nenas de 6º empregaron para traballar a nosa rica tradición oral de carácter fantástico de cara a este Samaín, material que preparou a nosa Coordinadora de Normalización Lingüística e que se centrou nos habitantes fantásticos dos nosos castros, as Mouras.
TALLER DE ESCRITA PARA O SAMAIN
Enviado por josean o Mér, 05/11/2014 - 22:16Outro ano máis que comezamos o noso taller de Escrita. Os nosos manuais son este ano "As señoras cousas" de Helena Villar Janeiro e visto os bos resultados de anos anteriores "Meu gato é un poeta". A partir dunha sensación... que ten que ver coa época do Samaín que estamos vivindo, fixemos cos rapaces unha treboada de ideas, eleximos de entre elas un personaxe principal e co esquema dun dos poemas de Fran Alonso elaboraron colectivamente este pequeno texto. O Acrostico por outra parte foi únicamente traballar a partir dun sentimento, buscaron palabras a redor do tópico que empezasen por esa letra, buscaron rimar palabras e desta vez empezaron polo final que nunha reviravolta sorprendente era tamén o título. Estudaremos outras formas de crear textos.
Aterradores chíos,
Ruidos infernais,
Risas pantasmais,
Estraños estoupidos,
Perigos Terribles
Invanden de rostros,
Os ollos da noite
VEÑO DA VIRXE DA BARCA
Enviado por josean o Dom, 02/11/2014 - 01:00Xa empezamos co noso Proxecto "Pegadas de Pedra dos Devanceiros" e sendo un colexio Abalar non podiamos empezar doutro xeito que abalando a pedra. Tendo de man a profe Barca que é nativa de Muxía, non podía ser doutro xeito que aprendendo da súa voz a tradición da pedra da vila da Costa da Morte. Os rapaces de 5º B a tal fin entrevistaron á profesora e aprenderon esta cantiga tradicional chea de significado.