Coloquio con motivo do 25N Organizado polo Concello de Marín
Enviado por Ruth o Xov, 14/11/2024 - 14:00INTERNET, CIBERACOSO E MACHISMO
Trátase dun coloquio entre a creadora de contido e divulgadora feminista Sindy Takanashi e a xornalista e escritora, Diana López.
Será o xoves 21 ás 19.30 horas no Museo Municipal Manuel Torres.
O coloquio pretende poñer o foco en como se producen situacións
constantes de violencia machista en Internet e as redes sociais,
entornos que contan coas súas propias características: a inmediatez, a dispoñibilidade, o anonimato… Cuestións que acaban exercendo un enorme control do acosador sobre a vítima e que poden acabar producindo situacións de violencia como ciberamenazas, ciberextorsión, ciberdifamación, hacking, acceso a contidos sen consentimento.
O público asistente poderá participar na segunda parte do coloquio coas súas preguntas.
PLAN DIXITAL 2024
Enviado por josean o Xov, 07/11/2024 - 18:13Charla formativa: "Alzheimer de preto"
Enviado por Ruth o Lun, 04/11/2024 - 13:37Dende o Concello de Marín trasládannos a seguinte información:
Formación sobre Alzheimer e outras demencias: para coidadores/as familiares, persoas con recente diagnóstico e público interesado
Salón de Actos do Museo Manuel Torres - MARIN
Xoves 14 de novembro de 10-14h.
A cargo de:
María Solla, Psicóloga de AFAPO
Lara Argibay, Traballadora social de AFAPO
ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO
Magosto
Enviado por Belen o Xov, 31/10/2024 - 10:52GRAZAS Á ANPA POR ASAR AS CASTAÑAS E GRAZAS A LUIS POLOS XOGOS TRADICIONAIS!
Exposición cabazas
Enviado por Ruth o Mér, 30/10/2024 - 09:52Grazas a todas as familias por colaborar na decoración do Samaín con estas fantásticas cabazas!!
Exposición cabazas de Ruth PT
Calculadora Culé
Enviado por josean o Mar, 29/10/2024 - 21:51Preme B para que che fale Ronald Araujo. Se lle das dous números SUMARACHOS e darache o resultado correcto.
Preme A para que che fale Lamine Yamal. Se lle das dous números RESTARACHOS e darache o resultado correcto
Guía de uso seguro de internet e redes sociais
Enviado por Ruth o Xov, 24/10/2024 - 13:11Calendario escolar curso 24/25
Enviado por Ruth o Xov, 24/10/2024 - 09:54
As actividades lectivas iniciaranse os días 11 de setembro de 2024, e rematarán o día 20 de uño de 2025, ambos os dous inclusive.
Os periodos de vacacións serán:
- Nadal: desde o día 23 de decembro de 2024 ata o 7 de xaneiro de 2025.
- Entroido: días 3, 4 e 5 de marzo de 2025
- Semana Santa: desde o día 14 de abril ao 21 de abril de 2025, ambos inclusive.
Non serán lectivos:
- 31 de outubro de 2024: Día do Ensino
- 9 de decembro de 2024 e 2 de maio de 2025: días de conveniencia pedagóxica
Poderedes atopar máis información no apartado 3.9 da PXA aprobada en consello escolar o 22 de outubro de 2024
Convocadas eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar
Enviado por Ruth o Mér, 16/10/2024 - 09:09
Monstro azul
Enviado por Miguel o Sáb, 12/10/2024 - 20:07Sabela de 1ºA atreveuse coa primeira lectura en galego na aula. Leulles aos seus compañeiros "Monstro azul", un conto de Olga de Dios que fala do respecto, a convivencia e a empatía.
Parabéns Sabela!
Convocatoria asemblea ANPA Aidón
Enviado por Ruth o Xov, 10/10/2024 - 08:34A ANPA Aidón convoca unha asemblea para o día 29 de outubro de 2024 ás 16:00.
Benvida Curso 2024-25.
Enviado por Miguel o Mér, 09/10/2024 - 20:45Ola. Os alumnos de 1ºA queren darvos a benvida a este novo curso cun pequeno vídeo.
Feliz curso!
Melodía do Sequelo.
Enviado por Miguel o Dom, 06/10/2024 - 11:19Dende polos creativos, para añadir unha melodía para a entrada no colexio, creáronse varias cancións con I.A. É un páxina web onde se poden crear cancións con estilos musicais moi variados, modificando as letras e melodías.
Intentaremos crear versións diferentes feitas polo alumnado.
Letra:
Un nuevo día empieza
Nuestro mundo despierta
Abrimos las puertas
del Sequelo hoy
Con amigos a mi lado
Vamos juntos de la mano
En este camino largo
Aprendemos siempre más
Bienvenidos al día
en nuestro colegio
Con sonrisas y alegría
Juntos a estudiar
Cada paso nos enseña
Cada risa nos une
El sol brilla en la escuela
Nuestro hogar de saber
Bienvenidos al día
Vamos a brillar
Con sonrisas y alegría
Juntos a estudiar
Todo es posible
Con sueños en el Sequelo
Nuestro esfuerzo visible
Nos llevará lejos
XXVII Carreira Pedestre San Martiño (Bueu)
Enviado por Belen o Sáb, 05/10/2024 - 08:05O club Corredoiras Bueu vai celebrar a XXVII Carreira Pedestre San Martiño 2024.
Esta proba realizarase o sábado 09 de novembro a partires das 17:00 h nos redores do Centro Social de Bueu sita na rúa Montero Ríos.
Na seguinte ligazón accederán á inscrición:
https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2882/xxvii-carreira-pedestre-de-san-martino-bueu-2024
A proba será totalmente gratuíta para os rapaces, que ademais levarán agasallos por participar.
Medios de comunicación cos titores e titoras
Enviado por Ruth o Lun, 30/09/2024 - 16:19Algunhas familias trasladastes as vosas dúbidas da forma de comunicar aos titores e titoras os días puntuais de asistencia ao comedor. Tras consultalo con eles, deixámosvos un cadro resumo da información recibida.
Premiados concurso Pontenasondas
Enviado por Ruth o Xov, 26/09/2024 - 13:06VII Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio”: As gañadoras!
Acaban de comunicarnos que 1 alumno do centro gañou o 1º premio de Podcast de Ensino Primario, e que unha alumnna de 2º de primaria e un de 6º de infantil recibiron 2 accesits para recoñecer eses traballos tan incríbles que presentaron.
Parabéns!!!
Podedes consultalos na súa web: https://escolasnasondas.com/vii-certame-de-fotografia-imaxes-do-patrimonio-as-ganadoras/#new_tab
Edixgal: recursos e soporte ás familias
Enviado por josean o Xov, 26/09/2024 - 10:44Nesta pequena presentación vas poder obter toda a información relativa ao proxecto: recursos, soporte, seguros e unha parte máis técnica referida á imbricación da competencia dixital na nova Lei Educativa