Secretaría
PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025
Enviado por Marcos o Lun, 05/02/2024 - 05:01
Normativa relacionada
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
- Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024/25
-
Reserva de praza Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.
-
Publicación da listaxe definitiva do alumnado con posto reservado 22 de febreiro.
-
Publicación vacantes antes do 1 de marzo.
-
Presentación solicitude admisión Do 1 ao 20 de marzo.
-
Presentación documentación xustificativa en caso de baremar 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
-
Publicación das listaxes provisionais de admitidos en non admitidos 25 de abril.
-
Prazo de reclamación 5 días hábiles a contar dende o día seguinte da publicación das listaxes.
-
Publicación das listaxes definitivas o 15 de maio.
-
Prazo de reclamación Contra esta relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o Xefe Territorial, no prazo dun mes contando a partir do día seguinte ao da súa publicación.
-
Centro adscrito EEI A Marisma
-
Centro de adscrición IES Illa de San Simón
-
Formalización de matrícula en EI e EP Do 20 ao 30 de xuño
-
Formalización de matrícula en ESO e BA Do 23 de xuño ao 7 de xullo
VACANTES para o curso 2024-2025
Curso | Prazas por curso | Permanencias | Num. solicitudes de reserva | Num. solicitudes de reserva asignadas | Vacantes |
1º Pri. | 75 | 0 | 37 | 37 | 23 |
2º Pri. | 75 | 35 | 0 | 0 | 20 |
3º Pri. | 75 | 59 | 0 | 0 | 3 |
4º Pri. | 75 | 54 | 0 | 0 | 4 |
5º Pri. | 75 | 56 | 0 | 0 | 4 |
6º Pri. | 75 | 65 | 0 | 0 | 0 |
Solicitudes de admisión