Skip to main content

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025

Normativa relacionada

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024/25

 

  • Reserva de praza Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

  • Publicación da listaxe definitiva do alumnado con posto reservado 22 de febreiro.

  • Publicación vacantes antes do 1 de marzo.

  • Presentación solicitude admisión Do 1 ao 20 de marzo.

  • Presentación documentación xustificativa en caso de baremar 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos en non admitidos 25 de abril.

  • Prazo de reclamación 5 días hábiles a contar dende o día seguinte da publicación das listaxes.

  • Publicación das listaxes definitivas o 15 de maio.

  • Prazo de reclamación Contra esta relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o Xefe Territorial, no prazo dun mes contando a partir do día seguinte ao da súa publicación.

  • Centro adscrito EEI A Marisma

  • Centro de adscrición IES Illa de San Simón

  • Formalización de matrícula en EI e EP Do 20 ao 30 de xuño

  • Formalización de matrícula en ESO e BA Do 23 de xuño ao 7 de xullo

 

VACANTES para o curso 2024-2025

Curso Prazas por curso Permanencias Num. solicitudes de reserva Num. solicitudes de reserva asignadas Vacantes
1º Pri. 75 0 37 37 23
2º Pri. 75 35 0 0 20
3º Pri. 75 59 0 0 3
4º Pri. 75 54 0 0 4
5º Pri. 75 56 0 0 4
6º Pri. 75 65 0 0 0

 

 

 

Solicitudes de admisión