DÍA NON LECTIVO

Luns 30 de abril de 2018, igual que os centros da zona.

NOVO TELÉFONO

A Consellería esta realizando unha reubicación dos números de teléfono dependentes desta, polo que a partir de agora o novo número de teléfono do cole é 881866847.

Poderán seguir chamando ao número anterior durante un tempo onde poderán escoitar unha alocución indicando o novo número. Dita alocución estará dispoñible en canto remate o proceso de migración da compañía de teléfono.

FOLGA 26-10-16

Na folga contra a LOMCE convocada para o día 26/10/2016 foi secundada por un 86 % do alumnado e as súas familias.

Asistiron a clase 54 alumnos, un 14 %.

Segundo datos da CONFAPA/GALICIA, en primaria houbo un absentismo do 70 % de media en Galicia.

LISTADOS E TITORES

LIBROS DE TEXTO 16-17 E MATERIAL ESCOLAR

O vindeiro luns entregaremos a nota  coa lista de material funxible e complementario.

En 1º nivel non hai que mercar o libros de ciencias naturais nin o de lingua castelá. En canto a caderniños complementarios, utilizaranse o de "Comprensión lectora" de Santillana, "expresión escrita" de 1º ed. La Calesa, "Yo calculo" (1,2,3) e "Yo cuento" (1,2,3).

En 2º nivel non hai que mercar o libro de lingua castelá. Utilizaranse os seguintes materiais complementarios: "Comprensión lectora. Ficas de trabajo" de Santiallana (ISBN 978-84-680-1292-6) e Expresión escrita de 2º ed. La Calesa (ISBN 978-84-8105-155-1)

LIBROS DE 5º: publicamos a lista de dos libros que o centro adquirio con cargo ao fondo solidario e que se corresponden con lotes de 4 ou 6 libros. No caso de que lles correspondan 4 librosteñen que mercar o de lingua castelá, inglés (class book e activity book) e relixión (se é o caso). Aqueles que teñen 6 libros terán que mercar o activity book de inglés e o de relixión (se é o caso).

Libros de 6º: estamos dentro do proxecto E-DIXGAL (libros electrónicos) pero disporemos tamen de libros en papel, Chegamos a un acordo coa editorial  e prestará libros neste formato aos alumnos, só teñen que mercar o activity book de inglés.

Libros de texto curso 2016-17.

Libros de Inglés: En 1º e 2º non se utilizarán os class bookmercar só os activity book. En 3º, 4º e 5º os activity book non entran no fondo solidario.al. En 6º nivel mercar o activity book B.

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

RECORDAMOS QUE O PRAZO DE ENTREGA DAS SOLICITUDES DE AXUDA PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR É ATA O 23 DE XUÑO INCLUSIVE.

AXUDAS PARA 5º NIVEL: PARA O VINDEIRO CURSO SAÍMOS DESTE NIVEL DO PROGRAMA E-DIXGAL DE LIBROS DIXITAIS E HABERÁ LIBROS EN PAPEL, POLO TANTO TAMÉN HABERÁ AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO EN 5º.

Publicadas as axudas para a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar no curso 2016/17:

PINCHA AQUI PARA DESCARGAR A ORDE

 SOLICITUDE

  1. A participación no fondo solidario de libros de texto en 3º e 4º, nieves que manterán os libros de texto do curso 2015/16.

  2. As axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º

  3. As axudas para adquirir material escolar en toda Primaria.

 

ADMISIÓN CURSO 2016/17

RESARVA DE PRAZA PARA ALUMNADO DE CENTROS ADSCRITOS PRIMEIRO DE PRIMARIA:FERNÁNDEZ VARELA, MONTE CARMELO, GRANXA E VILARIÑO E DESDE O CENTRO PARA 1º DA ESO NO IES DE A POBRA. O PRAZO SERÁ ATA O VENRES 19 DE FEBREIRO POR MOR DO ENTROIDO. PRESENTAR A SOLICITUDE NORMALIZADA NO MESMO CENTRO NO QUE OS ALUMNOS ESTÁN ESTUDANDO. UNHA VEZ REMATADO O PROCESO PUBLICARANSE AS VACANTES PARA O PROCESO DE ADMISIÓN.

PERIODO DE ADMISIÓN: DO 1 AO 20 DE MARZO, PARA AQUELES ALUMNOS QUE QUEIRAN MATRICULARSE NOUTRO CENTRO DIFERENTE DO  ADSCRITO. PRESENTAR A SOLICITUDE NORMALIZADA NO CENTRO NO QUE DESEXA SER ADMITIDO,PODEN POÑER NESA MESMA SOLICITUDE POR ORDE DE PREFERENCIA VARIOS CENTROS, PERO ESTA SOLICITUDE SERÁ ÚNICA. NO CASO DE QUE PRESENTEN SOLICITUDE DE ADMISIÓN, SI FIXERON RESERVA DE PRAZA, TEÑEN QUE COMUNICAR AO CENTRO ESTA DECISIÓN PARA PARA ANULAR DITA RESERVA.

MÁIS INFORMACIÓN  E MODELOS DE RESERVA E SOLICITUDE NA PAXINA WEB DA CONSELLERIA DE EDUCACIÓN: http://www.edu.xunta.es/portal/node/18048

 

PREMIOS ONCE

Queremos FELICITAR  á profesora de Educación Fisica do cole  COVADONGA ROCHO PINIELLA que que foi galardonada cun premio dentro do concurso organizado pola ONCE de experiencias escolares: "JUGAMOS TODOS". Foi un traballo moi elaborado  sobre  a integración de nenos con deficiencias visuais e nas que todos alumnos se puxeron na situación destes en un gran número de actividades e na que particparon sobre todo  os alumnos de 5º nivel.

NORABOA COVA

 

LIBROS DIXITAIS - SECCIÓNS BILINGÜES

O centro ten solicitado para o vindeiro curso dous proxectos:

libros dixitais en 5º nivel. proxecto E-DIXGAL. É una convocatoria para centros abalar e trataríase de que os alumnos utilizaran só libros electrónicos, prescindindo do material impreso. Este curso no nivel de 6º os nenos comezaron a  utilizar os libros electronicos. Neste caso  os nenos os poderían utilizar en casa sen conexión a internet, incluso tendo a posibilidade de levar o portatil do centro para casa.

Sección biblingUes: para o vindeiro cruso incorporaremos seccións bilingües en 3º e 4º, e pasariamos as de 2º de coñecemento a pástica. Deste xeito en todos os niveis habería unha oferta  educativa de secciós bilingües na área de plástica.

PROTOCOLO ABSENTISMO ESCOLAR

A Consellería de Educación ven de publicar o novo protocolo de absentismo escolar que será de aplicación, a partir de agora, na nosa Comunidade Autonoma. Dito protocolo trata de garantir o dereito do alumnado a asistir a clase, así como a obriga por parte de nais, país ou titores de facer efectivo ese dereito.

Considerarase absentismo: a ausencia inxustificada dun 10% do horario mensual. No noso caso contamos con 27 sesións semanais (108 mensuais), así que se un alumno faltase máis de 11 sesións sen xustificación, ao terceiro día que falte, activarase o protocolo de absentismo.

Presentación protocolo  de absentismo: conceptos, dereitos e obrigas, medidas preventivas, control asistencia, procedementos, expedientes,...

 

 

 

Distribuir contido