ACTIVIDADES 3º- LUDIEDUCA- CRUZ VERMELLA

Desde o proxecto Ludieduca da Cruz Vermella envían as actividades para o mes de maio que están no arquivo adxunto.  A actividade deste mes  é máis práctica posto que se trata dunha manualidade para traballar a autoestima.  Esta actividade é voluntaria para facer no tempo libre. Se queredes podedes enviar a Lorena, no correo que hai no documento os traballos ou fotos. (loresa@cruzroja.es)

ACTIVIDADES EDUCACIÓN FÍSICA.

Aquí tedes as actividades desta semana.

1º, 2º e 3º de Primaria:

Esta semana traballaremos un pouco de IOGA (aprenderemos as posturas básicas).

Realizaremos e lembraremos as nosas sesións de  MINDFULNESS.

E por último, un consello: "RELÁXATE E RESPIRA"

Busca un lugar no que te atopes cómodo/a, pode ser: no xardín sobre a herba, na terraza, no balcón, nun lugar cómodo do teu salón ou na tranquilidade da túa habitación...

SEMANA DA CALMA

 

 

4º de Primaria:

Esta semana teremos diferentes actividades relacionadas coa música, o ritmo e o movemento corporal.

Visiona os diferentes vídeos e elixe unha das actividades para practicala e reproducila. 

SÍGUEME O RITMO!

 

 

5º e 6º de Primaria:

Esta semana teremos diferentes retos. Serás capaz de realizalos?

RETOS

 

 

Un saúdo, os profes de EF.

 

 

 

ACTIVIDADES 3º A

A profe de 3º A propon estas activiades de repaso para esta semana no arquivo adxunto.

INSTRUCIÓNS 3º TRIMESTRE-ADAPTACIÓNS PROGRAMACIÓNS

Neste documento podedes ver  os criterios de avaliación e promoción deste curso 2019-20 derivados da situación especial que estamos vivindo, así como as adaptacións das programacións didacticas de todos os niveis e especialidades.

INSTRUCIÓNS 3º TRIMESTRE-ADAPTACION PROGRAMACIÓNS

LETRAS GALEGAS

 

Para celebrar o día das letras galegas vos invito a escoitar unha canción de Samuel Soto Macia que vos enseña a vida de Carvahlo Calero (autor homenaxeado deste ano) e outra de Uxía que fala sobre o noso idioma. Espero que vos gusten.

https://youtu.be/CvKSc20cBOo

As Letras na casa, Ricardo Carvalho Calero en "streaming"- Blog de normalizacións

https://fogardecaraminha.blogspot.com/2020/05/as-letras-na-casa-ricardo-...

17 de maio, Dia das Letras Galegas

https://fogardecaraminha.blogspot.com/2020/05/17-de-maio-dia-das-letras-...

ACTIVIDADES 3º B-MAIO

Deixamos 2 arquivos coas actividades desta semana da profe Sabela

ACTIVIDADES EDUCACIÓN FÍSICA.

Ola a todos/as!

Aquí tedes as actividades desta semana.

Actividades para 1º e 2º de Primaria:

Neste novo genially atoparedes:

  • Dous bailes (O baile do corpo e O baile dos ósos).
  • Un traballo de obstáculos.
  • Un traballo con vasos onde deberedes poñer a proba a vosa paciencia e tenacidade.
  • Unha pequena tarefa para presentar.

EDUCACIÓN FÍSICA EN CASA.

 

Actividades de 3º a 6 º de Primaria:

Neste novo genially presentámosvos un “ Breakout”. É un xogo derivado do Escape  Room. 

Nun  breakout, a diferenza do escape  room, non hai que saír dunha habitación , senón que o obxectivo consiste en abrir unha caixa pechada con diferentes tipos de cadeados. 

Esta semana teredes que abrir unha caixa forte para coñecer a tarefa que tedes que presentar.

Teredes que realizar unha serie de probas para conseguir os códigos  e poder abrir a caixa forte.

BREAKOUT DE EDUCACIÓN FÍSICA.

 

  Un saúdo, os profes de EF.

REANUDACIÓN PROCESO ADMISIÓN

Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que será dende o 11 ao 18 de maio. Máis información.

A secretatía do centro estará aberta para realizar estas xestións administrativas en horario de 10 a 13 h. 

ACTIVIDADES 3º A

A profe Carmen colgou unhas actividades. As podedes ver no arquivo adxunto

BLOG DE NORMALIZACIÓN

O BLOG ACTUAL DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO NOSO CENTRO É

FOGAR DE CARAMIÑA

Distribuir contido