ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR- SORTEO XUNTA ELECTORAL
Enviado por bandaseca o Xov, 27/10/2022 - 17:32Este curso compre realizar eleccións dos membros do Consello Escolar. Tratase da renovación parcial dos membros que xa levan catro anos. A renovación do curso pasado era a que estaba adiada do curso anterior (20/21) por mor da pandemia.
No caso do nos consello hai 3 vacantes no sector de pais/nais e outras 3 no de profesores.
Segundo establece a Resolución do 19 de setembro de 2022 que establece o calendario das eleccións ten que constituirse antes unha Xunta electoral que regula este proceso e que establece o calendario elecctoral.
O vindeiro mércores 2 de novembro as 10:00 na biblioteca do centro realizarase o sorteo público para a designación dos membros da Xunta electoral.
ECO-RETO Nº1 “ AS RAICES DO VIDRO”
Enviado por bandaseca o Xov, 20/10/2022 - 13:44MEDIOAMBIENTE
Estimadas familias :
Para realizar o ECO-RETO Nº1 “ AS RAICES DO VIDRO”necesitamos que contabilicedes cos vosos fillos/as o Nº envases ( botellas, botes de conserva…) de vidro que reciclades na casa ao longo de 15 días ( non teñen por que ser seguidos, poden ser alternos).
Para facer o conteo enviámosvos unha táboa que unha vez rematada terán que entregala á súa mestra ou mestre para realizar con ela/el a gráfica.
Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración.
Un saúdo cordial: Equipo de Medio Ambiente
MAGOSTO
Enviado por bandaseca o Xov, 20/10/2022 - 13:42o luns día 24 de outubro pola tarde imos celebrar o MAGOSTO. Faremos pola trde unha serie de xogos populares e despois comeremos castañas asadas.
Precisamos que cada alumno/a traia antes do luns pola tarde un puñado de castañas PICADAS.
CALENDARIO ESCOLAR
Enviado por bandaseca o Dom, 09/10/2022 - 11:46Calendario escolar do curso 22/23
Destacamos que no primeiro trimestre o luns 31 de outubro é o dia do Ensino que se une ao martes 1 de novembro.
No segundo trimestre son festivos os dias do Entroido 20-21 de febreiro e o 22,mércores de cinza.
No terceiro trimestre, o centro elixiu como festivo o 2 de maio (martes) igual que todos os centros de primaria e infantil da localidade.
CIRCULAR INICIO CURSO
Enviado por bandaseca o Mér, 07/09/2022 - 19:38MATERIAL ESCOLAR - INICIO CLASES
Enviado por bandaseca o Mar, 06/09/2022 - 19:33As clases comezarán o vindeiro xoves día 8 de setembro no horario habitual de 9:10 h. a 13:50 h. Haberá servizo de transporte escolar.
Como xa saben a través dos medios de comunicación, se suprimen a maioría das normas covid, polo que retomamos a "normalidade" en canto a protocolos e horarios:
- Desaparece a recomendación de distancia interpersonal, tamén nos comedores.
- Os grupos de convivencia estable poden interaccionar con outros.
- A ventilación segue sendo recomendable.
- A máscara segue sendo obrigatoria no transporte escolar, polo de agora. Explica que practicamente estamos nunha situación de normalidade, a partires desta semana tentarán publicar unhas instrucións con estas novidades
En canto ás entradas recordar que o alumnado de transporte escolar entrará no recinto escolar en canto baixe do autobús, mentres que o resto de alumnado poderá acceder ao recinto 5 minutos antes da entrada.
Á saída será ás 13:50, se ben para 1º e 2º nivel nos meses de setembro e outubro será 5º minutos antes.
Desde a ANPA están traballando para poder ofrecer desde ese día o servizo de madruga e comedor. As familias que necesiten estes servizos é preciso que os avisen ben por correo (anpabandaseca@gmail.com) ou por telefono/was (634964175).
MATERIAL ESCOLAR: adxuntamos os ficheiros que pasaron as titorías co material escolar.
INICIO CURSO 22/23
Enviado por bandaseca o Xov, 01/09/2022 - 18:42O curso comezará o xoves 8 de setembro. Nos vindeiros días comunicaremos horarios e novidades deste curso no que comeza a implantación da LOMLOE nos cursos impares.
Cambio Relixión/Valores:
Si algún pai/nai desexa facer o cambio de relixión a valores ou viceversa, poden facelo antes do inicio do curso, ata o día 7. Teñen que pasar pola secretaría do centro e completar o formulario correspondente.
Coa implantación da LOMLOE (este curso en 1º, 3º e 5º) a materia de valores desparece e pasa a ser Proxecto Competencial.
LISTAXE PROVISIONAL FONDOLIBROS
Enviado por bandaseca o Xov, 07/07/2022 - 10:10Publicada a listaxe provisional do fondo solidario de libros de texto: 7/7/22.
Período de reclamación: 2 días seguintes á publicación: Venres 8 e luns 11 de xullo.
A entrega de libros será en Setembro.
Temos libros suficientes en 4º, non é necesario mercar ningún libro neste nivel agas o de inglés (é un cadernillo) polo que todo alumnado recibirá un lote de 5 libros do centro, ainda que non fixeran a solicitude.
O alumnado de 3º que resultou beneficiado coa axuda de fondolibros ten asignado un nº determinado, 4 ou 5 libros (un total de 31 alumnos/as). Repartiranse os primeiros días do curso. O alumnado que non teña axuda ou que non lle corresponden todos os libros, deben mercalos.
LIBROS DE TEXTO
Enviado por bandaseca o Ven, 01/07/2022 - 17:19Libros de texto para o vindeiro curso 22/23.
5º e 6º: Están incluídos dentro do proxecto Edixgal
3º: Renovación de libros pola adaptación ao curriculo LOMLOE. Mercar o activity book (en vermello). Podénse mercar co cheque de axuda a material.
4º:Fondo liros do centro. Mercar o activity book (en vermello).
1º e 2º: Funxibles, non mercar ata setembro.
(Arranxado un erro: o libro de naturais de 2º ponia que era en castelán cando en realidade é en galego. O isbn estaba correcto en galego, pero podìa inducir a error)
AXUDAS ESCOLARIZACIÓN CURSO 22/23. CONCELLO
Enviado por bandaseca o Lun, 20/06/2022 - 08:32- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »