HOXE TENTALIBROS ANUNCIOUNOS CALES FORON OS TRABALLOS MÁIS VOTADOS! ADEMAIS AGASALLOU A TODAS E TODOS QUENES PARTICIPARON CON BONITOS DETALLES: GOMAS DE BORRAR DE ANIMALIÑOS, SELOS DE ANIMAIS E BOLIS CON PUNTAS DE CORES.
GRAZAS A TODAS E TODOS POR PARTICIPAR! AMOSASTES GRAN INXENIO, CREATIVIDADE ASÍ COMO UN ENORME INTERESE EN MANTER AS NOSAS TRADICIÓNS!
BENVIDAS E BENVIDOS DE NOVO Á BIBLIOTECA DO CEP SABARÍS. TENTALIBROS ESTABA DESEXANDO QUE CHEGARA ESTE DÍA PARA ABRIR A BIBLIO, ASÍ QUE O FIXO POR TODO O ALTO COA ANIMACIÓN DE MANUEL SOLLA. TIVEMOS UNHA MAÑÁ MOI DIVERTIDA CON SESIÓNS DE CONTACONTOS E MOITA MAXIA!
TENTALIBROS ESTÁ DE VOLTA!! LEVA SEMANAS TRABALLANDO A REO PARA PREPARAR A APERTURA DA BIBLIO. SERÁ O VINDEIRO XOVES 24. ESTE DÍA CELÉBRASE O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, ASÍ QUE NOS TEN ORGANIZADA UNHA MAÑÁ ESPECIAL... CONTAREMOS COA VISITA DE MANUEL SOLLA!!
A PARTIRES DESTE DÍA PODEREMOS ACUDIR Á BIBLIO CO PROFESORADO E LEVAR LIBROS EMPRESTADOS.
ESTA SEMANA TENTALIBROS XA SE DEIXOU VER... DEIXOU NOS SOBRES DAS AULAS UN CORREO IMPORTANTE...
O CONCURSO DE RELTATOS CURTOS DE SAMAÍN E RIMAS TERRORÍFICAS!!!
ANIMÁDEVOS TODAS E TODOS A PARTICIPAR!! ENCHEREMOS O CORREDOR DE ABAIXO DE HISTORIAS E RIMAS HORRIPILANTES E DESPOIS VÓS MESMOS VOTAREDES A VOSA PREFERIDA.
ESTE XOVES TENTALIBROS CONVOCOUNOS A TODO O CENTRO NA BIBLIO PARA CELEBRAR A SÚA CLAUSURA, AVISARNOS DE QUE PODEMOS FACER UN PRÉSTAMO ESPECIAL DE VERÁN E TAMÉN PARA AGRADECER AO ALUMNADO VOLUNTARIO, ÁS FAMILIAS COLABORADORAS, A JAVI E A KATIA A AXUDA NESTE CURSO.
FOI UN CURSO CHEO DE ACTIVIDADES, LECTURAS, CONTACONTOS, VISITAS DE PERSOEIROS... UN CURSO FANTÁSTICO!
O VINDEIRO SEGUIREMOS TRABALLANDO A REO PARA QUE O NOSO ALUMANDO POIDA SEGUIR DESFRUTANDO DA LECTURA.
ESTA SEMANA REMATAMOS OS ENCONTROS NA BIBLIO COA VISITA DO ESCRITOR PACO BARREIRO, AUTOR DO LIBRO"O PIRATA ATARIPO" CO QUE DESFRUTARON A TOPE O ALUMNADO DE 3º E 4º.
ESTE ANO ADICÁMOSLLE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS A LUÍSA VILLALTA. TENTALIBROS DEIXOU LIBROS SOBRE A SÚA BIOGRAFÍA E OBRA NA ENTRADA DO COLE, ACCESIBLES PARA TODAS E TODOS.
E SEGUIMOS CON ACTIVIDADES ESPECIAIS... O VENRES DESFRUTAMOS COA VISITA DE DAVID RODRÍGUEZ, QUEN NOS FIXO UNHA MAGNÍFICA CONTADA DO LIBRO "MORTO DE FAME" DO HEMATOCRÍTICO.
A SEMANA PASADA CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO CUNHA MOREA DE ACTIVIDADES DARREDOR DA LECTURA: PRESENTACIÓN DO LIBRO COLECTVO ESCRITO, ILUSTRADO E EDITADO POR TODO O ALUMNADO DO CENTRO E ORGANIZADO POLO EDLG; APADRIÑAMENTO LECTOR CO ALUMNADO DO NOSO CENTRO ADSCRITO, A EEI O AREAL; VISITA DA ESCRITORA LEDICIA COSTAS E VISITA DA ACTRIZ E CONTADORA DE CONTOS SABELA GAGO!
UNHA SEMANA FANTÁSTICA PARA GOZAR DAS HISTORIAS E DOS LIBROS!