Skip to Content

Música

Panxoliñas de Nadal

 1º e 2º
 3º A
 3º B
 4º
 5º
 6º A
 6º B
   

MÚSICA

Música: “Un curso de cine”

  • Imos lembrar algunhas das bandas sonoras que escoitamos este curso cando soaba o timbre e  tamén vos deixo uns enlaces para xogar a adiviñar as películas.

Bandas sonoras e música das mellores películas de cine: https://youtu.be/pXxhCGBzzCY

Adiviña a película: https://youtu.be/Of6jp34NNCI

Adiviña as películas de Disney escoitando as cancións: https://youtu.be/B_u-jXhXXH0

Adiviña as películas de Disney Pixar escoitando as cancións: https://youtu.be/MWcG9Dp2AjE

  • No apartado de audicións vos deixo o enlace do Concerto nº 3 en Re Maior de Mozart que xa escoitamos en clase e sei que vos gustou moito.

Audición: https://www.youtube.com/watch?v=Q32C1vdU6mQ

Tarefa 1º, 2º e 3º : FICHA

Tarefa 4º, 5º e 6º: Facede un breve traballo sobre Mozart (soamente os datos mais relevantes) 

MÚSICA

Ola a todos e todas!

Esta semana imos facer un pouco de música en directo. Vos deixo os enlaces das cancións de frauta que traballamos na clase para que as practiquedes na casa. Cando as teñades aprendidas,  vos gravades en vídeo sobre a base musical e mo enviades ao meu correo(alboresdu.xunta.es).

Os alumnos de 3º non tedes a frauta na casa, polo que imos traballar a canción doutro xeito, farémola con percusión corporal. A vosa canción “Rondín pikotín” ten dúas notas diferentes “Si” (3ª liña) e “La” (2º espazo), pois cando sexa a nota “si” dades palmas e cando sexa a nota “la” golpeades cas mans nas pernas, seguindo as negra e brancas. Ah! E non vos esquezades de parar nos silencios.

 

Ánimo!!! Sei que sodes grandes músicos!!!

 

3º Primaria: http://ikasmus.wix.com/3-maila#!__rondin-pikotin

4º Primaria: http://ikasmus.wix.com/3-maila#!__jazz-doinua

5º Primaria: http://ikasmus.wix.com/4-maila#!__sagua

6º Primaria: http://ikasmus.wix.com/4-maila#!__twist

* Ao alumnado de 1º e 2º lle mando un traballo diferente a través das súas titoras.

Explicación para resolver os problemas coas partituras de frauta.AQUÍ

Tarefas de música


Ola! Esta semana imos facer un pouco de traballo escrito sobre o que aprendemos estas semanas sobre os instrumentos musicais.
1º Primaria: Ficha 1º
2º Primaria: Ficha 2º
3º Primaria: Ficha 3º
4º Primaria: Ficha 4º
5º e 6º Primaria: Tedes que facer un esquema no que aparezan tódolos instrumentos da orquestra e as súas diferentes clasificacións.

Os traballos os enviades  ao meu correo electrónico: albores@edu.xunta.es. Por favor, no “asunto” non vos esquezades de por o voso nome para saber de quen son os traballos.


Para todo o alumnado:
O vindeiro domingo celebrase o día das Letras Galegas, este ano, dedicado  a Ricardo Carvalho Calero. Para que aprendades algunhas cousas da súa biografía, vos deixo este enlace: 

Preguntorio musical : https://youtu.be/IP1x38TIZqY

Un saúdo e ánimo!
Marisa

Instrumentos de percusión

Ola! Esta semana tócalle o turno aos intrumentos de percusión. Sei que son os vosos favoritos. Espero que gocedes dos vídeos e audicións.

Unha aperta: Marisa

Video 1: https://youtu.be/Ag0kNzNTWL0

Vídeo 2: https://youtu.be/kZ5unGQSumQ

Audición 1: https://youtu.be/iPuGlimtFlo

Audición 2: https://youtu.be/B2UcIaIe2xE

MÚSICA INSTRUMENTOS DE VENTO

Ola! 

Esta semana repasaremos os instrumentos de vento. Ao igual que a semana pasada o vídeo 1 está pensado para 1º, 2º e 3º e o vídeo 2 e 3  para 4º, 5º e 6º (Pero podedes ver todos)

Vídeo 1:https://youtu.be/iPvl8BuF_xQ

 

Vídeo 2 (instrumentos de vento madeira): https://youtu.be/1l7h-YfxspA

 

Vídeo 3 (instrumentos de vento metal): https://youtu.be/RSrkldbSo3M

 

Audición 1:https://www.youtube.com/watch?v=xdHt0AwEKVs

 

Audición 2:https://www.youtube.com/watch?v=2VvqmdGBoYU

** TRABALLO LIBRE:Atopei este vídeo que me pareceu moi interesante para entender o funcionamento dos instrumentos de vento. O  deixo aquí por se alguén se anima a polo en práctica. Se o facedes, animádevos a gravalo e mo mandades ao meu correo (albores@edu.xunta.es).

  

Os instrumentos de corda

Bo día! Saúdos para todo o meu alumnado de música. Sei que estos días estades a traballar duro na casa. Sodes uns campións!!

Durante estes días mandarei uns enlaces para que repasedes os instrumentos musicais. Esta semana tocalle o turno aos instrumentos de corda. Van dous vídeos e dúas audicións, o vídeo 1 está pensado para os mais pequenos (1º,2º e 3º) e o vídeo 2 para os maiores (4º, 5º e 6º) pero si queredes, podedes ver os dous , así, afianzades os coñecementos.

Vídeo 1 https://youtu.be/Ieuxuvo3wF0

Vídeo 2 https://youtu.be/pvjCOqTJVKw

Audición 1 https://youtu.be/HnmU_em8DvY

Audición 2 https://youtu.be/Nm7U8lhUKqI

 

Un biquiño moi grande

Danza das espadas 2011

Distribuir contido