Skip to Content

Educación física

PROPOSTAS PARA MANTER A CONDICIÓN FÍSICA

-Video 1: actividade física con multisaltos.

-Video 2: xogos para saltar con papeis de cores.

-Video 3: pliometría, exercicios de coordinación nun cadro.

-Video 4: coordinación e equilibrio cun pe.

-Video 5: minisesión con Tabata.

-Video 6: entrenamento con actividade funcional.

        

ACTIVIDADES DE COORDINACIÓN DINÁMICA XERAL

 

Ola a todos e a todas, xa vai quedando menos para que todo isto pase. Mentres tanto temos que seguir traballando e mirar o futuro con esperanza e moito ánimo. Vamos a propoñer, polo tanto, unha serie de videos nos que se pode traballar a coordinación dinámica xeral e a condición física. Un biquiño para todos e todas.

-Video 1: exercicios de motricidade xeral.

-Video 2: coordinación dinámica co tren inferior.

-Video 3:  xogos de coordinación e manualidades.

-Video 4: circuito para nenos e nenas e tamén para os maiores.

A continuación propóñovos unha taboa de exercicios moi sinxelos para todos e todas, que nos axudarán a manternos en forma empregando moi pouco tempo. Para isto é importante facer 3-4 series de 30 segundos de traballo alternado con 30 segundos de descanso. Entre cada serie podemos adicar entre 90 e 120 segundos de descanso. É moi útil unha aplicación para o teléfono que se chama TABATA TIMER.

ACTIVIDADES PARA MANTER A CONDICIÓN FÍSICA NA CASA

O máis importante para pasar esta cuarentena cos nenos e nenas na casa con éxito é evitar que pasen os días pegados a unha pantalla. É importante que continúen coa súa mesma rutina: hora de erguerse, aproveitar a mañá para facer os deberes e fomentar o estudo, así como o horario de comidas, merendas e ceas.

Polas tardes podemos aproveitar para facer un pouco de exercicio todos xuntos. Practicar deporte é moi beneficioso para reducir, sobre todo nestes momentos, os niveis de ansiedade e preocupación. Algunhas das actividades que podemos facer cos nenos e nenas son as seguintes:

-O GANSO DA CONDICIÓN FÍSICA.

 

PROBAS DO XOGO DO GANSO DA CONDICIÓN FÍSICA.

1-Skiping durante 15 segundos.

2.-Talóns aos glúteos durante 15 segundos.

3.-Flexión profunda de pernas cunha adiantada e a outra atrasada durante 15 segundos.

4.-Flexión profunda de pernas adiantandoas e atrasandoas á vez durante 15 segundos.

5.-Subir e baixar dunha cadeira durante 15 segundos.

6.-Facer 20 abdominais.

7.-De oca a oca e tiro porque me toca.

8.-Saltos a un lado e outro dunha corda, batendo cos dous pes durante 15 segundos.

9.-Retrocede 3 postos.

10.-Deitado cara arriba, facer a bicicleta durante 15 seg.

11.-De oca a oca e tiro porque me toca.

12.-Saltar sobre un pe durante 15 seg.

13.-Desprazarse saltando cos pes xuntos durante 15 seg.

14.-Facer 20 abdominais.

15.-De oca a oca porque me toca.

16.-Saltar subindo os xeonllos ao peito durante 15 seg.

17.-Retrocede 3 postos.

18.-Deitado cara arriba, subir e baixar as pernas 90 graos durante 15 seg.

19.-Saltar a comba durante 15 seg.

20.-De oca a oca e tiro porque me toca.

21.-Facer sentadillas durante 15 seg.

22.-Elevar de forma alterna un brazo e a perna contraria durante 15 seg.

23.-Facer a ponte.

24.-Facer 20 abdominais.

25.-Facer 10 saltos con cada pe.

26.-Manter o equilibrio sobre un pe durante 15 segundos.

27.-Retrocede 3 casillas.

28.-Flexións e extensións de brazos durante 15 seg.

29.-Deitado cara arriba, abrir e pechar pernas e brazos durante 15 seg.

-XOGOS DIVERTIDOS PARA NON ABURRIRSE NA CASA.

-XOGOS DE DESTREZA.

-CIRCUITO DE PSICOMOTRICIDADE PARA OS MÁIS PEQUENOS.

EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA

Atopámonos nun momento no que non podemos sair da casA e os nenos necesitan actividade. Ao fin do día os nenos e nenas aínda seguen enérxigos e os pais e nais xa non poden mais. É necesario incluir o deporte na rutina diaria cos nenos e nenas! 

Aínda que teñan que estar na casa, non hai ninguna excusa para non facer exercicios con toda a familia, por iso imos a facilitar propostas fáciles e divertidas para que os nenos disfruten facendo deporte na casa.

 -Ioga cos nenos.

 -Actividade física en familia.

 -Condición física (resistencia).

 -Programa entrenamiento funcional.

Actividade para os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria.

 -Circuito psicomotricidade

 -Psicomotricidade fina.

 -Xogos con globos.

Actividade proposta para nenos e nenas de 3º e 4º de primaria.

 -Kids work out

 -Estiramentos.

Actividade para nenos de 5º e 6º de primaria.

 -Circuito de forza.

 -Rutina abdominais.

Os adultos tamén nos podemos animar a facer as nosas taboas de exercicio na casa. Aquí van algunhas propostas:

 -Rutina de 35 minutos de exercicio aeróbico.

 -Rutina tren inferior e abdome.

Distribuir contido


    

by Dr. Radut