Skip to Content

CELEBRAMOS O DÍA DA ILUSTRACIÓN CON IVÁN R.

E como xa dixemos que pasaría... o venres celebramos o día da ilustración con Iván Rodríguez, autor e ilustrador do libro "Os Winkle, máis finos ca un allo" e outros moitos que temos na nosa biblio!

Foi unha mañá xenial na que Iván nos achegou ao mundo da ilustración, desfrutamos de novo da historia dos Winkle e practicamos como ilustradoras e ilustradores.

Moitas grazas Iván pola túa visita!

 



    

book | by Dr. Radut