Skip to Content

PREPARANDO A VISITA DE IVÁN R.

O martes 30 de xaneiro celébrase, ademais do día da Paz e a non violencia, o día da ilustración. Tentalibros está a organizar varias actividades para estas temáticas.

Celebraremos o día da PAZ con sesións de contacontos a cargo do alumnado de 5º e 6º para o resto da rapazada.

E para celebrar o día da ilustración contaremos cunha visita moi especial! Iván Rodríguez, autor e ilustrador do libro "Os Winkle, máis finos ca un allo", co que presetnamos o proxecto anual deste ano, compartirá connosco a mañá do venres 2 de febreiro. Ben seguro que aprendereemos moitas cousas sobre o mundo dos contos, da ilustración e sobre os Winkle! Estamos moi emocionados preparando a súa visita.

Aqueles que teñades algún libro seu podedes traelo ao cole o venres para que volo asine!!

 

AdxuntoTamaño
IMG_6172.JPG3.2 MB


    

book | by Dr. Radut