24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O martes 24 celebramos o día das bibliotecas escolares e fixémolo, como xa é costume, presentando a guía de uso da nosa biblio a todo o alumnado e despois cunha sesión de contacontos, "Os Winkle, máis finos ca un allo", de Iván Rodríguez, co que escachamos a rir con esta familia tan singular e ademais, deste xeito, Tentalibros presentounos o proxecto anual deste curso 2023-24: "Miña horta, meu xardín: sementando futuro". Para rematar, Tentalibros tíñanos preparado un obradoiro onde elaboramos uns saquiños de romeu. Coñecemos algunhas das propiedades desta planta medicinal e nós pensamos levalos nas mochilas para relaxarnos cando consideremos necesario!
LEMBRADES O RETO QUE NOS PROPUXO TENTALIBROS?
TEDES AQUÍ O RESULTADO!!