DESCUBRINDO O NORTE 2018 / 2019
Arranca o proxecto interdiciplinar e intercentros Descubrindo o Norte 2018 / 19. A través deste proxecto intentamos que todas as competencias traballadas no desenvolvemento curricular que se traballa no colexio teña una aplicación práctica para o noso alumnado. A actividade física, a cultura e a formación, valores como o esforzo e a responsabilidade, así como o fomento da socialización positiva dentro da comunidade escolar son os pilares do proxecto. Deporte de Orientación e Ciencia serán os motores que dinamicen Descubrindo o Norte. Como fixemos en cursos anteriores, incluiremos este proxecto dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación, na modalidade de PDC (Centros Activos e Saudables).
Despois de avaliar moi positivamente a inclusión no proxecto do alumnado de 4º xunto co colexio Souto-Donas, este ano sumarase ao proxecto o CEIP Humberto Juanes, de Nigrán.
Na páxina web do colexio informaremos á comunidade escolar de todas as actividades que se desenvolvan ao longo do curso.
Mercedes Peleteiro Olmedo, Doutora en Bioloxía, actualmente investiga no Centro de Investigación Biomédica (CINBIO) da Universidad de Vigo, iniciará o ciclo de conferencias e actividades científicas a través das cales prentendemos acercar a ciencia ao alumnado así como salientar a importancia da Investigación Científica e a súa incidencia na nosa calidade de vida.
Finalmente, e para aproximarse ao mundo da ciencia, na seguinte icona, atoparedes unha información moi interesante.