SEMANA DA PRENSA
Pola Semana da Prensa e aproveitando que nestes días celebramos o día da Muller Traballadora, leváronse a cabo varias entrevistas na radio. Na primeira volta, o alumando de 3º e de 6º, entrevistou a dúas avoas do noso centro, que adicaron a súa vida ao coidado da horta e da familia. Na segunda volta de entrevistas, o alumnado de 2º e 5º entrevistou a tres mulleres do centro de día, que nos falaron de como foi a súa vida laboral, que empezou moi cediño, con 13 anos! e desenvolvendo traballos moi moi duros!
Toda unha aprendizaxe despois de escoitar ás nosas maiores!
Moitas grazas a todas por acompañarnos e compartir a vosa experiencia, sabiduría e recordos connosco!
Podedes escoitar as entrevistas completas no apartado de "Radio Ladeira"
https://www.edu.xunta.gal/centros/cepsabaris/?q=node/1020
https://www.edu.xunta.gal/centros/cepsabaris/?q=node/1024