Skip to Content

Material necesario para os distintos niveis. Curso 18/19

Libros de texto curso 2018/2019

Descubrindo o Norte 2017 / 18. Plan Proxecta.

Traballos finais do alumnado e fotomontaxes do proxecto Descubrindo o Norte 2018

trab
Enlace traballos finais e videos

 

 
 

8th English Festival

Neste enlace atoparedes as actuacións do noso centro e o CEIP Belesar correspondentes o VIII Festival de Inglés celebrado o 5 de xuño.

Novidades Biblioteca

Na seguinte imaxe atópase o enlace da galería fotográfica das últimas actividades desenvolvidas na biblioteca do colexio.

biblio tortuga
Galería

Actividades Lúdicas E Deportivas No Tempo De Lecer

Ao longo deste curso, e  por segundo ano, o alumnado do colexio participa no Plan Proxecta, promovido pola Consellería de Educación e a Secretaría Xeral para o Deporte. A modalidade na que participa o centro e "Centros Activos e Saudables"  a través do Proxeco Interdisciplinar "Descubrindo o Norte". No proxecto participan todos os nenos do colexio e algúns mestres do mesmo. Alimentación e nutrición, ciencia, cultura, senderismo, deporte de orientación, actividades lúdicas e dportivas, xogos populares, así como os distintos contidos que compoñen os diferentes ámbitos do coñecemento curriculares.

Nas sguintes imaxes atópanse as galerías fotográficas das últimas actividades desenvolvidas.

 

deportes jue

Actividades

Lúdicas e Deportivas

Xogos Populares

Iniciación aos deportes de bicicletas co Club Ciclista Vigués

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria  gozou dunha xornada deportiva con bicicletas. Esta actividade organizouse desde o departamento de Educación Física e a colaboración do Club Ciclista Vigués. Os aspectos lúdicos, técnicos e de prevención de riscos foron os eixes vertebradores. O noso agradecimiento ao Club Ciclista Vigués que, de forma tan altruísta como didáctica, transmitiu a súa paixón polo deporte da bicicleta nas súas distintas variantes.

Nas seguinte iconas, atópase a galería fotrográfica da actividade.

b1 b2 b3 b4
Galería 1º Galería 2º Galería 3º Galería 4º

Ábrese o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de libros e material escolar e o acceso ao fondo solidario

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende mañá ata o próximo día 22 de xuño (incluído). A convocatoria pode consultarse no enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180521/AnuncioG0164-110518-0001_gl.html .

Axudas á compra

As axudas da Consellería para a compra de libros están dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, e o alumnado matriculado en Educación Especial.

Os requisitos de renda e as contías das axudas son as seguintes:

Educación Primaria:

·        

Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400,00 euros: 170 euros

·        

Renda per cápita familiar superior a 5.400,01 e igual ou inferior a 9.000: 90 euros

Fondo solidario

No caso do Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

Axudas para material escolar

O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado matriculado en educación primaria e en ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros, e a contía da axuda será de 50 euros.

Descubrindo o Norte 17/18: Campus Universitario de Vigo. Alumnado de 6º

A piques de rematar a etapa da Educación Primaria, toca amosar as competencias acadadas. O alumnado de 6º visitará as instalacións do Campus Universitario de Vigo o día 25 de maio   compartindo unha xornada cultural, formativa, deportiva e socializadora co CEIP Sárdoma-Moledo de Vigo. Nas seguintes iconas podedes atopar o programa de actividades previsto, algunhas orientacións básicas, así como  o itinerario para poder chegar ao punto de reunión: https://goo.gl/maps/xEhAKjA1Nm32

O catedrático Pio González Fernández, do departamento de Física Aplicada acercará o apaixonante mundo da ciencia ao noso alumnado con obradoiros de física.  Da man dos seus  compañeiros de equipo de  investigación Julia Serra, nos presentarán os avances conseguidos no campo dos biomateriais, ámbito que lideran en España.

Doutra banda, a Dra. Dª Verónica Montes García, acercará ao noso alumnado ao campo da Nanotecnoloxía, ese "inframundo" tan pequeno da materia onde se atopan as claves dos grandes avances científicos.

A Oficina do Medio Ambiente da Universidade nos guiará pola contorna do campus para coñecer un chisquiño mellor a súa biodiversidade.

E, finalmente, despois de tanto coñecemento, ben nos merecemos unha boa sesión deportiva. Nesta ocasión será a través do deporte de orientaciónonde , José Luís Armada, do Servizo de Deportes da Universidade colaborará connosco para que esta actividade sexa posible. Toda unha experiencia educativa.

Coordenadas trip
Ubicación Programa Tríptico Máis Info

  Galería

Descubrindo o Norte. Xornada en Monteferro. Alumando 5º Sabarís/Vigo

O alumnado de 5º curso de Educación Primaria, as súas familias e os seús mestres e mestras compartirán unha xornada formativa, cultural, deportiva e lúdica o vindeiro venres, día 11 de maio na contorna de Monteferro (Nigrán). Nas seguintes iconas podedes atopar o programa de actividades previsto , así como algunhas orientacións básicas e o itinerario para poder chegar ao punto de reunión. Esta actividade pertence ao proxecto Descubrindo o Norte, incluído no Plan Proxecta.

como chegar programa Información galeria
Como chegar

Programa de

actividades

Información

interesante

Galería

fotográfica

Distribuir contido


    

by Dr. Radut