Skip to Content

XOGOS DIVERTIDOS PARA OS DÍAS DE SEMANA SANTA.

XOGOS DIVERTIDOS PARA OS DÍAS DE SEMANA SANTA

Nestes días, que temos que estar en casa, é importante que os nenos e nenas, así como tamén os adultos, manteñamos un hábito de actividade física, que se pode desenvolver mediante xogos nos que se poden empregar materiais moi simples e sinxelos que soemos ter pola casa. Ahí van algunhas propostas!

1.-O LABERINTO.

Con cinta adhesiva podemos deseñar un laberinto no chan, que os peques deberán percorrer. Poden facelo levando unha pelota cos pes, en cuadrupedia ou simplemente camiñando.

ç

 

2.-GLOBO TENIS.

Empregando unha paleta para cazar moscas como raqueta e uns globos como pelota, pódese montar un partido de tenis na casa sen romper nada.

3.-TIRO AO BLANCO.

Para montar este xogo simplemento precisamos unha caixa de cartón, rollos de papel e pelotas pequenas, ademais dunha pistola  tipo Nerf, ou no caso de non ter a pistola, pódense usar outras pelotas para lanzar. Hai que pegar os rollos sobre a caixa, darlles unha puntuación e logo pousar enriba as pelotiñas.

 

4.-CARREIRA DE POMPÓNS.

Necesitaremos pallas, pompóns ( ou boliñas de papel) e un pouco de cinta adhesiva para marcar na mesa as liñas de saída e meta. Pódese xogar de dúas maneiras, segundo o espazo do que se dispoña. Se a mesa é ampla pódese facer unha carreira entre dous ou máis participantes, e se é máis pequena xogará un participante cada vez e gañará quen consiga levar máis pompóns máis aló da liña de meta, simplemente soprando pola palla e sen usar as mans.

 

5.-O XOGO DAS BRAGAS (PANTYS).

Hai que poñer unha pelotiña dentro dunha braga e logo poñémola na cabeza. Sen empregar as mans, só movendo a cabeza, hai que derribar o maior número de botellas nun minuto.

 

6.-LANZAMENTO DE AVIÓNS.

Aquí temos un xogo no que exercita o lanzamento de preción con avións de papel. Cunha cartolina podedes preparar un taboleiro con buratos polos que os nenos deberán facer pasar os seus avións. Podedes dar unha puntuación a cada burato e pendurar o taboleiro nunha porta.

 

7.-LABERINTO DE RAIOS LÁSER.

Este xogo é perfecto para facer na casa, se tedes un corredor como o da foto. Podemos facelo pegando tiras de papel dun lado ao outro da parede, empregando cinta adhesiva. É convinte que as tiras sexan de papel pinocho para que teñan certa flexibilidade e non se despeguen se as tocamos. Os nenos deberán chegar dun lado ao outro do corredor sen despegar nin romper ningunha cinta.

 

 

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A LINGUAXE

Propoñemos a continuación unha serie de actividades que se poden facer na casa para reforzar os aspectos lingüísticos en aqueles alumnos que o precisen:

Discriminación, integración e memoria visual:

Procura de elementos ou personaxes nunha imaxe (“¿Dónde está Wally?”). 

Xogo das parellas (memory). 

Realización de crebacabezas / puzles.

Articulación de fonemas:

Pensar palabras que empecen por un son determinado (por exemplo: palabras con R).

Lectura de palabras, frases e textos prestando atención á correcta pronunciación dos sons.

Conciencia fonolóxica:

Deletrear palabras.

Pensar palabras que empecen ou rematen por un son ou sílaba determinado.

Xogo das palabras encadeadas:

https://www.soyvisual.org/materiales/palabras-encadenadas-parte-1

Xogo do aforcado.

Vocabulario:

Xogo do “veo veo”.

Xogo “Da Habana veu un barco cargado de…” (por exemplo: “animais”: hai que dicir todos os nomes de animais que se nos ocorran).

Morfosintaxe:

Ordenar e explicar secuencias temporais de imaxes.

Contar contos.

Inventar frases a partires dunha palabra.

Xogo do “¿Quen e quen?”

Xogo simbólico.  Teatro.

Lectura e escritura:

Sopas de letras.

Palabras cruzadas.

Xogo do aforcado.

Xogo das parellas con letras e sílabas escritas.

Construír palabras con letras soltas.

 

Para calquera dúbida ou comentario, podedes poñervos en contacto comigo no correo: belenfr.al@gmail.com

Un saúdo

Belén Fernández Rocafort

Mestra de Audición e Linguaxe

EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA

Atopámonos nun momento no que non podemos sair da casA e os nenos necesitan actividade. Ao fin do día os nenos e nenas aínda seguen enérxigos e os pais e nais xa non poden mais. É necesario incluir o deporte na rutina diaria cos nenos e nenas! 

Aínda que teñan que estar na casa, non hai ninguna excusa para non facer exercicios con toda a familia, por iso imos a facilitar propostas fáciles e divertidas para que os nenos disfruten facendo deporte na casa.

 -Ioga cos nenos.

 -Actividade física en familia.

 -Condición física (resistencia).

 -Programa entrenamiento funcional.

Actividade para os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria.

 -Circuito psicomotricidade

 -Psicomotricidade fina.

 -Xogos con globos.

Actividade proposta para nenos e nenas de 3º e 4º de primaria.

 -Kids work out

 -Estiramentos.

Actividade para nenos de 5º e 6º de primaria.

 -Circuito de forza.

 -Rutina abdominais.

Os adultos tamén nos podemos animar a facer as nosas taboas de exercicio na casa. Aquí van algunhas propostas:

 -Rutina de 35 minutos de exercicio aeróbico.

 -Rutina tren inferior e abdome.

Recomendacións para o traballo na casa

Estimadas familias:

Dende o CEP de SABARÍS suxerimos unha serie de pautas a ter en conta, co fin de axudar a facer máis levadeira esta situación, de por si complexa e incerta; que fai que os nosos alumn@s teñan que continuar polo momento co seu proceso formativo nas casas.

Na medida do posible, deberiamos tentar normalizar en cada un dos fogares a situación pola que están a pasar os nen@s e axudar entre tod@s para que non supoña, sobre todo unha experiencia que lles xenere ansiedade e angustia. Ao mesmo tempo, temos que intentar que os nen@s sigan evolucionando no seu proceso educativo.

 PAUTAS RECOMENDADAS

 HORARIOS E RUTINAS: aconséllase intentar manter unha rutina estable e similar a que tiñan os nen@s con anterioiridade a esta situación transitoria. Faise necesario establecer un espazo e un tempo aproximado no cal se levarán a cado as tarefas escolares; preferiblemente de mañá porque polo xeral os nen@s están máis activos mentalmente e soen ter mellor rendemento. Ademais xa están acostumados a traballar na escola nesa mesma franxa horaria.

En casos específicos, e en función da cantidade de traballo a realizar, pode ser beneficioso fraccionar as tarefas entre a mañá e a tarde.

PLANIFICACIÓN DO DÍA (sempre con certa flexibilidade): durante o almorzo pódese establecer que actividades se farán ao longo do día para estruturar o día e anticipar, na medida do posible, o que vai ocorrer (tempo de traballo escolar, tempo de lecer e actividades e horarios permitidos (TV, dispositivos móviles, consola,…), actividades de colaboración na casa,…). Tamén o consideramos un momento idóneo para escoitar e falar con tranquilidade, deixando que os nen@s se expresen (fagan preguntas, compartan ideas, fagan propostas e suxerencias,…).

COIDAR OS HÁBITOS XA ESTABLECIDOS: tanto os hábitos relacionados coa autonomía persoal (hixiene, alimentación, vestido,…) como os hábitos relacionados co traballo escolar (lugar e tempo de traballo/ estudo, responsabilidade e constancia na realización das tarefas, lectura diaria,…).

REALIZACIÓN DAS TAREFAS ESCOLARES ENCOMENDADAS: parécenos importante as seguintes aclaracións no momento de realizar as tarefas do colexio:

  • Facer as tarefas nun lugar axeitado, que favoreza a concentración.
  • Ter no lugar de traballo individual só o material necesario.
  • Facer individualmente as tarefas e só prestar axuda cando esteamos seguros de que realmente non son capaces de facelo por eles mesmos (evitar a sobreprotección).
  • Comezar e rematar unha actividade, non deixalas pola metade.
  • Avanzar na tarefa e deixar as dúbidas para o final.
  • Recomendar pequenos descansos cando vexamos que baixou o nivel de atención e concentración no traballo.
  • Motivar e reforzar positivamente o esforzo dos nen@s.

DESENVOLVEMENTO DA AUTONOMÍA PERSOAL: colaboración nas tarefas cotiás do fogar. A axuda do nen@s nas tarefas do fogar pódese, na meirande parte dos casos, facer a través do xogo, e así estarán máis motivados a axudar na casa.

Podemos xogar a (algúns exemplos):

  • Facer a clasificación da roupa que se recolle do tendal.
  • Facer de axudantes de cociña (limpeza, orde, cociñando,…).
  • Pequenos retos e búsquedas do tesouro.
  • Facer a limpeza e ordear a súa habitación.
  • Facer “misións especiais” (pequenos recados dentro da casa).
  • Etc.

Estamos á vosa disposición para aclarar calquera dúbida que podades ter con respecto ao traballo na casa cos vosos fill@s.

No caso de que o consideredes necesario comentade as vosas dúbidas ou inquedanzas co correspondente titor@ e xa eles se poñen en contacto connosco para coordinarnos.

MOITO ÁNIMO E UN SAÚDO AGARIMOSO!

Como comprimir os arquivos (imáxenes) para subir a aula virtual

Videotutorial para o alumnado: "Como traballar na aula virtual do centro"

 
Nota: Tamén podedes acceder dende esta páxina no enlace "Aula virtual" a carón da fotografía do colexio.

Información importante na segunda semana de peche dos centros

O Centro ven de tomar unha serie de decisións sobre cómo vai a seguir traballando nas seguintes semanas de peche dos centros. Se vos comunicará mediante a app Abalar e por titorías como se vai seguir a facer.

Actividades a realizar polo alumnado durante o período de peche do centro

Estimados pais, nais e alumnado:

As actividades a realizar polo alumnado atópanse no menú dereito por cursos (excepto 2º A e B que se repartiron impresas).

Inglés: En cada un deles tedes as actividades de repaso de inglés para estes días, todas son online (se non tedes internet pasade polo centro e vos darei actividades impresas). Os alumnos de 6º, 5º e 4º saben cómo funiona; o alumnado de 3º ten a explicación ao entrar no apartado correspondente.

Saúdos 

Radio Ladeira. Programa 3.

 
 

Admisión curso 2020/2021

Prazo de presentación de solicitudes para o curso 2020/2021: Do 1 ao 20 de marzo

Normativa aquí

Vacantes do centro: Ver arquivo adxunto.

Distribuir contido


    

by Dr. Radut