Skip to Content

Tarefas de música


Ola! Esta semana imos facer un pouco de traballo escrito sobre o que aprendemos estas semanas sobre os instrumentos musicais.
1º Primaria: Ficha 1º
2º Primaria: Ficha 2º
3º Primaria: Ficha 3º
4º Primaria: Ficha 4º
5º e 6º Primaria: Tedes que facer un esquema no que aparezan tódolos instrumentos da orquestra e as súas diferentes clasificacións.

Os traballos os enviades  ao meu correo electrónico: albores@edu.xunta.es. Por favor, no “asunto” non vos esquezades de por o voso nome para saber de quen son os traballos.


Para todo o alumnado:
O vindeiro domingo celebrase o día das Letras Galegas, este ano, dedicado  a Ricardo Carvalho Calero. Para que aprendades algunhas cousas da súa biografía, vos deixo este enlace: 

Preguntorio musical : https://youtu.be/IP1x38TIZqY

Un saúdo e ánimo!
Marisa

Adaptacións das programacións didácticas.

No menú "Profesorado>Recursos educativos", tedes a vosa disposición as adaptacións das programación didácticas segundo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

REFÓRZA-T

Bo día!

Esta semana traio dúas propostas.

Por unha parte,  propóñomos explorar esta Paisaxe de aprendizaxe: https://view.genial.ly/5eb81d53dcbe300d14a4f8ca/game-paisaxe-aprendizaxe-reforza-t  na que están recollidas as actividades. Entrade e animádevos a densevolver a vosa imaxinación!

 

Por outra parte, quero compartir con vós unha iniciativa literaria na que 4 escritores/as galegos/as escriben a "8 mans" unha historia para axudarnos a estar entretidos neste confinamento. 

"A partir da segunda semana os rapaces poderán ir decidindo cousas importantes da trama a través dunhas enquisas que lanzarán a través da propia rede social. "

O primeiro capítulo sae hoxe, luns, na conta de Instagram de @Caramomia.

 

Aquí tedes máis información: https://amovida.gal/catro-escritores-galegos-lanzan-oito-mans-unha-proposta-literaria-interactiva/

 

ACTIVIDADES DE COORDINACIÓN DINÁMICA XERAL

 

Ola a todos e a todas, xa vai quedando menos para que todo isto pase. Mentres tanto temos que seguir traballando e mirar o futuro con esperanza e moito ánimo. Vamos a propoñer, polo tanto, unha serie de videos nos que se pode traballar a coordinación dinámica xeral e a condición física. Un biquiño para todos e todas.

-Video 1: exercicios de motricidade xeral.

-Video 2: coordinación dinámica co tren inferior.

-Video 3:  xogos de coordinación e manualidades.

-Video 4: circuito para nenos e nenas e tamén para os maiores.

A continuación propóñovos unha taboa de exercicios moi sinxelos para todos e todas, que nos axudarán a manternos en forma empregando moi pouco tempo. Para isto é importante facer 3-4 series de 30 segundos de traballo alternado con 30 segundos de descanso. Entre cada serie podemos adicar entre 90 e 120 segundos de descanso. É moi útil unha aplicación para o teléfono que se chama TABATA TIMER.

Radio Ladeira, programa 6.

Novo programa de Radio Ladeira dende casa.

 

 
Os locutores:
 
      Ada                Adriana            Alejandro           Candela           Iker                 Juan
 
       Julia                Lola                Mario               Noah                Óscar             Yasmín
 
       Dana

Instrumentos de percusión

Ola! Esta semana tócalle o turno aos intrumentos de percusión. Sei que son os vosos favoritos. Espero que gocedes dos vídeos e audicións.

Unha aperta: Marisa

Video 1: https://youtu.be/Ag0kNzNTWL0

Vídeo 2: https://youtu.be/kZ5unGQSumQ

Audición 1: https://youtu.be/iPuGlimtFlo

Audición 2: https://youtu.be/B2UcIaIe2xE

PRAZO SOLICITUDE ADMISIÓN CURSO 2020/2021

Infórmase ás familias da apertura do prazo de presentación da solicitude de admisión do alumnado para o curso 2020/2021.

Inicio: 11 de maio

Remate: 18 de maio

REFÓRZA-T

Bo día,

Espero que esta fin de semana gozásedes do solciño que tivemos.  

 

As actividades propostas para o alumnado de Refórza-t de 5º e 6º desta semana son as seguintes:

TÁBOde autoavaliación para facer as actividades cunha boa expresión escrita. É importante que sigades as pautas para revisar e mellorar a redacción. Usádea para as actividades de redacción.    Clica aquí   https://blogdilemasvioletas.blogspot.com/2020/05/pasos-para-redactar.html                    e segue os pasos para conseguir unha boa expresión escrita!

MATEMÁTICAS: accedede ao enlace https://blogdilemasvioletas.blogspot.com/2020/05/jugando-con-la-balanza.html

LINGUA GALEGA E LINGUA CASTELÁ: accedede ao enlace   https://blogdilemasvioletas.blogspot.com/2020/05/gustavos-musica.html

Como xa comprobariades, as actividades vanse colgando no BLOG "dilemas violetas".Este é un blog para compartir as actividades, pero se tamén vos gustaría compartir as vosas ideas ou actividades que creades interesantes, dicídemo e podemos crear un apartado coas vosas aportacións!

Por último, recordade mandarme as actividades realizadas ao correo que vos deixo na mensaxe de ABALAR.

 

Pasade unha boa semana!

 

Radio Ladeira dende casa. Programa 5.

Programa 5 de Radio Ladeira, emisión online dende casa.

 
Os locutores:
 
    Dani        Clara               Lúa                Lucas           Sara               Lois            Roberto
 
Concurso de vídeo: "GravARTE NA CASA"

O Equipo de Dinamización Lingüística do CEP. Sabarís e Radio Ladeira convocan un concurso de vídeo entre o alumnado do centro e as familias co obxectivo de mellorar a comunicación entre o alumnado do centro e competencia lingüística en galego. Os participantes deben gravar cun móbil un vídeo dun máximo de 1 minuto de duración que reflexe  como viven o confinamento e como se senten. As bases son as seguintes:

1.

A lingua ten que ser o galego.

2.      

Deben presentarse dicindo o nome, apelido e curso.

3.      

A duración máxima non pode pasar de 1 minuto.

4.      

Pode participar o alumno ou alumna xunto aos familiares que convivan con el na casa, irmáns, pais, mascotas, etc.

5.      

Os participantes poden utilizar calquera elemento de atrezzo: disfraces, sombreiros, paraugas, maquillaxe, etc.

6.      

Escollerase un vídeo gañador por curso ao que se lle entregará un pequeno agasallo. 

7.      

Para escoller aos gañadores valorarase a creatividade, o uso da lingua galega e a orixinalidade.

Os vídeos deben ser enviados por e-mail ao seguinte enderezo electrónico: chusprofesabaris@gmail.com

antes do 31 de maio. Os gañadores serán publicados na web do centro e o premio faráselle chegar á casa antes de que remate o curso.

MÚSICA INSTRUMENTOS DE VENTO

Ola! 

Esta semana repasaremos os instrumentos de vento. Ao igual que a semana pasada o vídeo 1 está pensado para 1º, 2º e 3º e o vídeo 2 e 3  para 4º, 5º e 6º (Pero podedes ver todos)

Vídeo 1:https://youtu.be/iPvl8BuF_xQ

 

Vídeo 2 (instrumentos de vento madeira): https://youtu.be/1l7h-YfxspA

 

Vídeo 3 (instrumentos de vento metal): https://youtu.be/RSrkldbSo3M

 

Audición 1:https://www.youtube.com/watch?v=xdHt0AwEKVs

 

Audición 2:https://www.youtube.com/watch?v=2VvqmdGBoYU

** TRABALLO LIBRE:Atopei este vídeo que me pareceu moi interesante para entender o funcionamento dos instrumentos de vento. O  deixo aquí por se alguén se anima a polo en práctica. Se o facedes, animádevos a gravalo e mo mandades ao meu correo (albores@edu.xunta.es).

  

Distribuir contido


    

by Dr. Radut