Skip to Content

RADIO LADEIRA feito na casa. Programa 9.

 
Os locutores:
 
     Adriana           Aitana               Brais               Dana                  Dani               Mariano
 
       Sergio             Lúa                  Roberto            Sara                Álex

PROPOSTAS PARA MANTER A CONDICIÓN FÍSICA

-Video 1: actividade física con multisaltos.

-Video 2: xogos para saltar con papeis de cores.

-Video 3: pliometría, exercicios de coordinación nun cadro.

-Video 4: coordinación e equilibrio cun pe.

-Video 5: minisesión con Tabata.

-Video 6: entrenamento con actividade funcional.

        

REFÓRZA-T

Bo día!

Hoxe pasamos á fase 2! Pero non nos esquezamos de que as medidas de prevención seguen sendo obrigatorias para evitar os contaxios.

-Matemáticas: Xa que non podemos viaxar. imos imaxinalo! Axudádeme a resolver este problema: https://blogdilemasvioletas.blogspot.com/2020/05/problema-de-matematicas.html 

- Lingua: Ganas de praia? Moito ollo! Este ano teremos que ser moi precavidos e respectar as distancias. Resolvede este crebacabezas e veredes como pode ser unha escena de praia este verán  https://blogdilemasvioletas.blogspot.com/2020/05/crebacabezas.html

Saudiños!

RADIO LADEIRA feito na casa. Programa 8.

 
Os locutores:
 
      Daniel              Félix               Adriana             Diego               Iria            Jairo
 
 
      Laura                 Leo                Lucía              Xenxo

MÚSICA

Ola a todos e todas!

Esta semana imos facer un pouco de música en directo. Vos deixo os enlaces das cancións de frauta que traballamos na clase para que as practiquedes na casa. Cando as teñades aprendidas,  vos gravades en vídeo sobre a base musical e mo enviades ao meu correo(alboresdu.xunta.es).

Os alumnos de 3º non tedes a frauta na casa, polo que imos traballar a canción doutro xeito, farémola con percusión corporal. A vosa canción “Rondín pikotín” ten dúas notas diferentes “Si” (3ª liña) e “La” (2º espazo), pois cando sexa a nota “si” dades palmas e cando sexa a nota “la” golpeades cas mans nas pernas, seguindo as negra e brancas. Ah! E non vos esquezades de parar nos silencios.

 

Ánimo!!! Sei que sodes grandes músicos!!!

 

3º Primaria: http://ikasmus.wix.com/3-maila#!__rondin-pikotin

4º Primaria: http://ikasmus.wix.com/3-maila#!__jazz-doinua

5º Primaria: http://ikasmus.wix.com/4-maila#!__sagua

6º Primaria: http://ikasmus.wix.com/4-maila#!__twist

* Ao alumnado de 1º e 2º lle mando un traballo diferente a través das súas titoras.

Explicación para resolver os problemas coas partituras de frauta.AQUÍ

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria para o curso escolar 2020/2021

Prazo presentación de solicitudes: 20 Maio- 19 Xuño

Resumo do procedemento

Impreso solicitude: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23300466

  Normativa

 

REFÓRZA-T

Bo día!

Que tal pasastes o domingo? Como xa saberedes, cada 17 de maio celebramos o día das letras galegas, pero...sabedes por que? 

Aquí vos deixo un breve vídeo no que nos explican esta celebración. Recoméndovos velo: https://www.youtube.com/watch?v=MY6JzZovE8g

 

ACTIVIDADES:

Para esta semana, propóñovos dúas actividades de repaso:

- Na de lingua: imos reforzar unha regra ortográfica e...demostrarédesme como sabedes mover a lingua!: https://view.genial.ly/5ec0575f32a04c0d96b73180/social-action-ortografia-galego

- Na de matemáticas haberá que resolver dous problemas que a miúdo atopamos na vida cotiá: https://blogdilemasvioletas.blogspot.com/2020/05/problemas-de-matematicas.html

Enviádeme as actividades ao correo que vos deixo en Abalar. SE tedes calquera dúbida ou proposta, escribídeme!

Pasade unha boa semana!

 

Letras Galegas 2020

Canción da fala de Uxía sobre un poema de Manuel María:

"O idioma é a chave coa que abrimos o mundo".

RADIO LADEIRA feito na casa. Programa 7.

 
Os locutores:
 
       Alba               Ángela              Carmen           Elisa                 Gala                 Hugo
 
 
       Icía               Jacobo              Lucía              Marina               Paula

Tarefas de música


Ola! Esta semana imos facer un pouco de traballo escrito sobre o que aprendemos estas semanas sobre os instrumentos musicais.
1º Primaria: Ficha 1º
2º Primaria: Ficha 2º
3º Primaria: Ficha 3º
4º Primaria: Ficha 4º
5º e 6º Primaria: Tedes que facer un esquema no que aparezan tódolos instrumentos da orquestra e as súas diferentes clasificacións.

Os traballos os enviades  ao meu correo electrónico: albores@edu.xunta.es. Por favor, no “asunto” non vos esquezades de por o voso nome para saber de quen son os traballos.


Para todo o alumnado:
O vindeiro domingo celebrase o día das Letras Galegas, este ano, dedicado  a Ricardo Carvalho Calero. Para que aprendades algunhas cousas da súa biografía, vos deixo este enlace: 

Preguntorio musical : https://youtu.be/IP1x38TIZqY

Un saúdo e ánimo!
Marisa

Distribuir contido


    

by Dr. Radut