DENDE ABIBLIOTECA DO CEP SABARÍS QUEREMOS RENDIR ESTA AGARIMOSA HOMENAXE AO HEMATOCRÍTICO. COÑECEMOS OS SEUS LIBROS, HISTORIAS FANTÁSTICAS CHEAS DE HUMOR E XENIALIDADE, PERO TIVEMOS A GRAN SORTE DE COÑECELO EN PERSOA E DESFRUTAR UNHA MAÑÁ DA SÚA COMPAÑÍA.
O martes 24 celebramos o día das bibliotecas escolares e fixémolo, como xa é costume, presentando a guía de uso da nosa biblio a todo o alumnado e despois cunha sesión de contacontos, "Os Winkle, máis finos ca un allo", de Iván Rodríguez, co que escachamos a rir con esta familia tan singular e ademais, deste xeito, Tentalibros presentounos o proxecto anual deste curso 2023-24: "Miña horta, meu xardín: sementando futuro". Para rematar, Tentalibros tíñanos preparado un obradoiro onde elaboramos uns saquiños de romeu. Coñecemos algunhas das propiedades desta planta medicinal e nós pensamos levalos nas mochilas para relaxarnos cando consideremos necesario!
O DÍA 24 DE OUTRUBRO CELÉBRASE O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES E NÓS, COMA SEMPRE, FACÉMOLO DANDO A COÑECER A NOSA BIBLIO AO NOVO ALUMNADO E PROFESORADO, RECORDANDO A GUÍA DE USO DA NOSA BILIO E PRESENTANDO O PROXECTO ANUAL DE CENTRO.
ATENTAS E ATENTOS PORQUE TENTALIBROS XA TEN CASE TODO PREPARADO!!
MENTRES TANTO DEIXÁMOSVOS AQUÍ UN VÍDEO COA GUÍA DE USO DA NOSA BIBLIOTECA PARA QUE VOS VAIADES FAMILIARIZANDO CON ELA.
XUSTO A TEMPO! TENTALIBROS CHEGOU Á NOSA BILBIO EN FORMA PELUCHE, DESEÑADO POLO NOSO ALUMNADO E A TEMPO DE COÑECERNOS A TODAS E TODOS ANTES DE MARCHAR DE VACACIÓNS.
PARABÉNS DE NOVO A ICÍA!
CERTO É QUE O NOSO TENTALIBROS QUEDOU BEN RIQUIÑO, NON SÍ?
E TENTALIBROS ESTÁ ENCANTADO NAVEGANDO NA MAR DE LIBROS DA NOSA BIBLIO. SEGURO QUE XA ESTÁ A CAVILAR COUSIÑAS PARA A VINDEIRA TRAVESÍA, NO CURSO 23-24!!
GRAZAS TENTAJAVI POR FACERNOS PASAR UN RATO BEN DIVERTIDO!!
PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA! COA COLABORACIÓN DE TODAS E TODOS, ALUMNADO, PROFESORADO, FAMILIAS, JAVI, CONCELLO E DEMAIS AXENTES, CONSEGUIMOS CELEBRAR UN ANO MÁIS O FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS, QUE ESTE ANO ESTIVO ADICADO A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO E AO 50 ANIVERSARIO DO NOSO CENTRO.
GRAZAS A TODAS E TODOS OS QUE COMPARTISTES CONNOSCO ESTA EMOCIONANTE XORNADA!
DEIXAMOS AQUÍ ALGÚN DOS VÍDEOS PARA QUE DESFRUTEDES DE NOVO!
O ALUMANDO PODE DESFRUTAR DESTA SELECCIÓN DE LIBROS EN GALEGO DALGÚNS DOS NOSOS AUTORES E AUTORAS MÁIS REPRESENTATIVOS NA LITERATURA INFANTIL, TANTO CLÁSICOS COMO ACTUAIS. ADAPTADOS PARA TODOS OS NIVEIS.
A SEMANA PASADA TIVEMOS A SORTE DE RECIBIR A VISITA DO HEMATOCRÍTICO, AUTOR DO LIBRO "FELIZ FEROZ. O LOBO RIQUIÑO", QUE LEMOS E TRABALLAMOS SOBRE EL DURANTE TODO O CURSO. COA SÚA VISITA TIVEMOS OPORTUNIDADE PARA COÑECER COMO NACERON AS SÚAS HISTORIAS E OUTRAS CURIOSIDADES FANTÁSTICAS. AO FINAL DO ENCONTRO ATA NOS ATRAVEMOS A REPRESENTAR PARA EL A NOSA PARTICULAR ADAPTACIÓN AO TEATRO DO SEU LIBRO "AXENTE RICIÑOS".