Skip to Content

Complementarias, Ed. física, Música

O Deporte da Loita. Plan Proxecta: Coñece o meu club (Xogade)

logo DoN18_2O proxecto Descubrindo o Norte, incluído no Plan Proxecta da Consellería de Educación e dentro do programa "Coñece o meu Club" de Xogade, o CEP Sabarís participa na campaña de promoción da Loita cunha serie de actividades nas clases de Educación Física que culminarán nunha xuntanza de varios colexios o vindeiro día 2 de abril no pavillón de Biaona con alumnado de 4º.

loitas lucha
Galería fotográfica

Encontro Deportivo 

Xogade Loita en Baiona

Acrosport. Proxecto Cómicos e Saltimbanquis. Plan Proxecta.

Na unidade didáctica de Cómicos e Saltimbanquiso "acrosport" é o protagonista. A través desta unidade, o alumnado desenvolve a súa creatividade, condición física, ritmo así como valores de responsabilidade, esforzo e compañerismo.

A continuación engádense os clips coas montaxes elaboradas polo alumnado

acrospor 6º acrospor 5º
Video 6º Video 5º

 

 
 

Coreografías alumnado de 6º.

No proxecto Descubrindo o Norte, dentro do Plan Proxecta, tamén ten cabida a Expresión artística. Deste xeito, o alumnado de 6º curso presentou as súas creacións artísticas a través da danza. O ritmo, o movento coordinado, a diversión e a actividade físca foron os protagonistas no remate do primeiro trimestre.

Acrosport 4º

Nos seguintes enlaces atópanse a galería fotográfica e un clip de vídeo das actividades de acrosport desenvolvidas co alumnado de 4º.

acr vid acr
Galería fotrográfica video

Minivoleibol e coeducación

Miguel Larrea, adestrador de Voleibol, compartiu co noso alumnado do  Eduación Primaria a súa "sabedoría", experiencia e paixón polo deporte en xeral, como medio para conseguir unha vida saudable e, particularmente, por un dos deportes máis coeducativos.

Integración, traballo en equipo, respecto aos  outros (compañeiros e adversarios), actitudes de xogo limpo e respecto ás normas…. O minivolei, adaptación do voleibol ás idades escolares do noso alumnado, permite desenvolver actitudes de superación, responsabilidade e constancia, o cal redunda eficaz e positivamente na propia autoestima.

Na seguinte icona están os enlaces da galería fotográfica.

volei
Galería minivolei

Plan Proxecta

Ao longo deste curso o CEP Sabarís participará no Plan Proxecta da Consellería de Educación con Proxecto Descubrindo o Norte. A dinamización dos recreos con distintas actividades deportivas, xogos populares, a asistencia de distintos entrenadores para explicarlle ao noso alumnado os valores da actividade física así como a concienciación sobre a importancia dos hábitos saudables de alimentación serán os aspectos que marquen as directrices básicas deste proxecto.

Na seguinte imaxe atópase a galería fotográfica da visita dos entrenadores de fútbol sala e baloncesto.

fut
Galería fotográfica

DESCUBRINDO O NORTE 2018 / 2019

logo DoN18Arranca o proxecto interdiciplinar e intercentros Descubrindo o Norte 2018 / 19. A través deste proxecto intentamos que todas as competencias traballadas no desenvolvemento curricular que se traballa no colexio teña una aplicación práctica para o noso alumnado. A actividade física, a cultura e a formación, valores como o esforzo e a responsabilidade, así como o fomento da socialización positiva dentro da comunidade escolar son os pilares do proxecto. Deporte de Orientación e Ciencia serán os motores que dinamicen Descubrindo o Norte. Como fixemos en cursos anteriores, incluiremos este proxecto dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación, na modalidade de PDC (Centros Activos e Saudables).

         Despois de avaliar moi positivamente a inclusión no proxecto do alumnado de 4º xunto co colexio Souto-Donas, este ano sumarase ao proxecto o CEIP  Humberto Juanes, de Nigrán.

         Na páxina web do colexio informaremos á comunidade escolar de todas as actividades que se desenvolvan ao longo do curso.

   Mercedes Peleteiro Olmedo, Doutora en Bioloxía, actualmente investiga no Centro de Investigación Biomédica (CINBIO) da Universidad de Vigo, iniciará o ciclo de conferencias e actividades científicas a través das cales prentendemos  acercar a ciencia ao alumnado así como salientar a importancia da Investigación Científica e a súa incidencia na nosa calidade de vida.

Finalmente, e para aproximarse ao mundo da ciencia, na seguinte icona, atoparedes unha información moi interesante.

LOGO DIVULGANDO CIENCIA

Actividades Lúdicas E Deportivas No Tempo De Lecer

Ao longo deste curso, e  por segundo ano, o alumnado do colexio participa no Plan Proxecta, promovido pola Consellería de Educación e a Secretaría Xeral para o Deporte. A modalidade na que participa o centro e "Centros Activos e Saudables"  a través do Proxeco Interdisciplinar "Descubrindo o Norte". No proxecto participan todos os nenos do colexio e algúns mestres do mesmo. Alimentación e nutrición, ciencia, cultura, senderismo, deporte de orientación, actividades lúdicas e dportivas, xogos populares, así como os distintos contidos que compoñen os diferentes ámbitos do coñecemento curriculares.

Nas sguintes imaxes atópanse as galerías fotográficas das últimas actividades desenvolvidas.

 

deportes jue

Actividades

Lúdicas e Deportivas

Xogos Populares

Iniciación aos deportes de bicicletas co Club Ciclista Vigués

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria  gozou dunha xornada deportiva con bicicletas. Esta actividade organizouse desde o departamento de Educación Física e a colaboración do Club Ciclista Vigués. Os aspectos lúdicos, técnicos e de prevención de riscos foron os eixes vertebradores. O noso agradecimiento ao Club Ciclista Vigués que, de forma tan altruísta como didáctica, transmitiu a súa paixón polo deporte da bicicleta nas súas distintas variantes.

Nas seguinte iconas, atópase a galería fotrográfica da actividade.

b1 b2 b3 b4
Galería 1º Galería 2º Galería 3º Galería 4º

D. Carlos Spuch e a Ciencia, protagponistas do proxecto Descubrindo o Norte 2018

Dentro das actividades programadas para o proxecto "Descubrindo o Norte" 2018, o alumnado de 6º curso descubrirá da man do Dr. D.Carlos Spuch Calvar os mistrios do cerebro así como o decisivo que pode resultar a alimentación, a actividade física e o mundo das emocións no desenvolvemento das enfermidades dexenerativas do cerebro. D. Carlos Spuch é investigador desde fai máis dunha década no Instituto de Investigación Biomédica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, especializado en enfermidades neurológicas e dexenerativas e o xeito no que a alimentación afecta a esas enfermidades.

O cerebro procesa a información que recibe a través dos sentidos e regula o funcionamento dos órganos e sistemas corporais. Resulta moi importante entrenalo e coidalo para que o noso corpo non falle, para que nos non fallemos. E para iso a actiivdade física e o descanso son fundamentais, así como a alimentación.

Picando nas seguintes iconas terás un pequeno anticipo.

 

cerebro  e libro
 

Canto sabes do

noso cerebro

Entrena tu

cerebro

Libros interesantes

Biblioteca del colegio

Distribuir contido


    

by Dr. Radut