Skip to Content

Radio Ladeira. Programa 12

Aquí tedes un novo programa de Radio Ladeira. Nesta nova emisión participa alumnado de 3º A e 6º A.

 

Radio Ladeira. Programa 11.

Continuamos as emisións de "Radio Ladeira" este novo curso cheo de dificultades pero coa ilusión intacta. Xa é o programa 11 dende que comezamos, e nel, alumnado de 1º e 5º fan un estupendo traballo na locución. Aquí o tedes:

 

 

Material do alumno curso 20/21

Listado de libros para o curso 2020/2021

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - EDUCACIÓN EMOCIONAL NA CASA

O Departamento de Orientación anímavos a que sigades pasando moito tempo en familia. Deixámosvos a continuación unhas propostas didácticas para afondar na educación emocional que esperamos que vos gusten.

Desexámosvos a tod@s un feliz verán e boas vacacións.

Ata pronto e unha forte aperta!!

Relato dun confinamento - Gala 2ºA

Relato dun confinamento escrito por Gala Carrascal Arranz de 2ºA

A vosa compañeira Gala enviounos un relato creado por ela durante este tempo de confinamento.

Animádevos a escribir o voso relato e tamén o publicaremos na páxina web.

 

RELATO

REFÓRZA-T

Xa estamos na metade de xuño! Non queda nadiña...un último esforzo!

Para esta semana, as actividades propostas son:

- Lingua: un xogo no que se traballan varios contidos de lingua en xeral, probade a lograr resolver todas as misións!  https://blogdilemasvioletas.blogspot.com/2020/06/repasando-lingua-na-galaxia.html

- Matemáticas: Tras estar traballando a comprensión de enunciados matemáticos, rematamos cun problemiña no que se recollen todos os pasos traballados, un último esforzo!  https://blogdilemasvioletas.blogspot.com/2020/06/como-resolver-un-problema-matematico.html 

Recordade seguir as instruccións que vos explico para lograr sacarlle partido ás actividades.

Un saúdo!

REFÓRZA-T

Bo día!

Aquí vos deixo as actividades desta semana:

- Matemáticas: vannos meter algo de fame... https://blogdilemasvioletas.blogspot.com/2020/06/resolucion-de-problemas.html

- Imos coñecer algunhas mulleres pioneiras importantes da nosa historia: https://blogdilemasvioletas.blogspot.com/2020/06/comprension-lectora.html

 

Pasade boa semana!

 

RADIO LADEIRA feito na casa. Programa 10.

 
Os locutores:
 
      Candela          Clara            Dana             Gerardo            Icía                  Laura
 
 
       Leo               Lois             Lucas              Óscar               Paula               Yasmín

MÚSICA

Música: “Un curso de cine”

  • Imos lembrar algunhas das bandas sonoras que escoitamos este curso cando soaba o timbre e  tamén vos deixo uns enlaces para xogar a adiviñar as películas.

Bandas sonoras e música das mellores películas de cine: https://youtu.be/pXxhCGBzzCY

Adiviña a película: https://youtu.be/Of6jp34NNCI

Adiviña as películas de Disney escoitando as cancións: https://youtu.be/B_u-jXhXXH0

Adiviña as películas de Disney Pixar escoitando as cancións: https://youtu.be/MWcG9Dp2AjE

  • No apartado de audicións vos deixo o enlace do Concerto nº 3 en Re Maior de Mozart que xa escoitamos en clase e sei que vos gustou moito.

Audición: https://www.youtube.com/watch?v=Q32C1vdU6mQ

Tarefa 1º, 2º e 3º : FICHA

Tarefa 4º, 5º e 6º: Facede un breve traballo sobre Mozart (soamente os datos mais relevantes) 

Distribuir contido


    

by Dr. Radut