Skip to Content

Xogade

4ª Xornada de Deporte Escolar

 

Nesta ocasión foron os nosos nenos e nenas os que visitaron outro colexio, concretamente o CEIP Manuel Padín Truiteiro. Compartimos unha mañá chea de deporte cos nosos alumnos e alumnas de 6º curso.  Comezamos con bádminton, despois fixemos voleybol, baloncesto, balonmán e fútbol sala. Deixámosvos unhas fotos para que poidades ver o ben que o pasaron os rapaces e rapazas. O resto de fotos aquí.

 

3ª Xornada de Deporte Escolar

Nesta ocasión foron os rapaces e rapazas do CEIP Quintela os que se achegaron ao noso colexio para compartir unha xornada deportiva co noso alumando de 5º curso.

Deixámosvos unha mostra, para visualizar todas as fotos e vídeos: http://bibliotecariomaior.blogspot.com/2020/02/3-xornada-de-deporte-escolar.html

 

2ª Xornada de Deporte Escolar

Nesta ocasión foi o alumnado de sexto o que participou na xornada de deporte escolar. Recibimos no centro ao alumnado de 6º do CEIP de Ponte Sampaio.

Xogaron a varios deportes (balonmán, bádminton, fútbol sala...) e compartiron experiencias.

Podedes ver fotos da xornada no seguinte vídeo.

Xornada do Deporte Escolar

O mércores 11 de decembro, o alumnado de 5º tivo a sorte de participar nunha xornada de Deporte Escolar.

Nesta ocasión recibimos ao alumnado de 6º do CPI Curros Enríquez, de Pazos de Borbén. 

Nesta xornada practicamos diferentes deportes xuntos: baloncesto, fútbol sala, balonmán, voleibol e rematamos cun multitudinario partido de brilé, no que os profes nos animamos a participar.

Foi unha mañá moi divertida, ondo o noso alumnado, ademais de realizar actividade física, puideron facer novas amizades.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut