O mércores 11 de decembro, o alumnado de 5º tivo a sorte de participar nunha xornada de Deporte Escolar.
Nesta ocasión recibimos ao alumnado de 6º do CPI Curros Enríquez, de Pazos de Borbén.
Nesta xornada practicamos diferentes deportes xuntos: baloncesto, fútbol sala, balonmán, voleibol e rematamos cun multitudinario partido de brilé, no que os profes nos animamos a participar.
Foi unha mañá moi divertida, ondo o noso alumnado, ademais de realizar actividade física, puideron facer novas amizades.