O pasado día 29 de setembro tivo lugar no Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura de Santiago o acto de entrega dos premios Proxecta 2017.
Entre os premiados figuraba o CEP Plurilingüe de Riomaior polo traballo realizado no curso 2016/17 polos alumnos de 5º e 6º de primaria co título “ O teu lixo é o noso tesouro”.
O premio recolleuno Dª Beatriz Somoza, xefa de Estudos do Centro, de mans do Conselleiro de Educación D. Román Rodríguez González.