Skip to Content

PROXECTO DE INNOVACIÓN OBSERVA- ACCIÓN

 

O luns día 20 de marzo tivemos  un acto de presentación institucional no CEP PLURILINGÜE DE RIOMAIOR, con motivo  do proxecto de innovación “Observa- Acción,” que resulta da resolución de 22 de setembro de 2016 de parte da Dirección General de Innovación y Equidad Educativa de Castilla –León, que  apostou polo desenrolo das competencias do profesorado mediante actuacións formativas a través da observación e o intercambio de formación na acción educativa .
O proxecto tres  ámbitos; “Innova- Acción” , “Comunica -Acción” e “Digitaliza -Accion”.
O CEP PLURILINGÜE DE RIOMAIOR foi seleccionado para formar parte do apartado  “Comunica -Acción”, e dicir na competencia comunicativa en linguas estranxeiras e as novas propostas didácticas, metodolóxicas e de avaliación. Este é coordinado polo centro de Formación do Profesorado en idiomas (CFPI).
Deste xeito o profesorado pode observar in situ os procesos de aprendizaxe dos alumnos, fomentando o traballo en grupo de profesores e levando a cabo proxectos conxuntos.
O pasado mes de febreiro catros mestras do CEP Plurilingüe de Riomaior desprazáronse ao colexio CEIP Margarita Sala de Arroyo de la Encomienda en Valladolid, e foron testemuñas  en primeira persoa dos aprendizaxes das metodoloxía que levan a cabo en dito colexio.
Nesta ocasión contamos coa visita de catro mestras do CEIP Margarita Salas para vivir en primeira persoa o proxectos que se levan a cabo no CEP Plurilingüe de Riomaior.
A este acto acudiu o Inspector Xefe D. Manuel Torres, o Inspector do Centro, D. Carlos Rábade Pallarés,  o director do CFR de Pontevedra D. Jesús Álvarez, o director do CAFI e os representantes do CFR de Valladolid.
Este é un proxecto pioneiro en Galicia e pensamos que será unha boa semente para futuros proxectos de cooperación entre os centros.

 



story | by Dr. Radut