Skip to Content

PREMIO PROXECTA 2017

O pasado día 29 de setembro tivo lugar no Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura de Santiago o acto de entrega dos premios Proxecta 2017.

Entre os premiados figuraba o CEP Plurilingüe de Riomaior polo traballo realizado no curso 2016/17 polos alumnos de 5º e 6º de primaria co título “ O teu lixo é o noso tesouro”.

O premio recolleuno Dª Beatriz Somoza, xefa de Estudos do Centro, de mans do Conselleiro de Educación D. Román Rodríguez González.                                      

SEMANA CULTURAL

Na semana do 12 ao 16 de xuño celebraremos a Semana Cultural. Ademais de levar a cabo oito obradoiros, contaremos coa presenza da Academia Aura de formación de azafatas, Dª Mª Ángeles Herrero Pérez (Xefa de Turismo de Pontevedra) e D. Manuel Correia Silva (Cónsul de Portugal).

Nos arquivos adxuntos pódese descargar a programación dos actos.

 

 

 

PROXECTO DE INNOVACIÓN OBSERVA- ACCIÓN

 

O luns día 20 de marzo tivemos  un acto de presentación institucional no CEP PLURILINGÜE DE RIOMAIOR, con motivo  do proxecto de innovación “Observa- Acción,” que resulta da resolución de 22 de setembro de 2016 de parte da Dirección General de Innovación y Equidad Educativa de Castilla –León, que  apostou polo desenrolo das competencias do profesorado mediante actuacións formativas a través da observación e o intercambio de formación na acción educativa .
O proxecto tres  ámbitos; “Innova- Acción” , “Comunica -Acción” e “Digitaliza -Accion”.
O CEP PLURILINGÜE DE RIOMAIOR foi seleccionado para formar parte do apartado  “Comunica -Acción”, e dicir na competencia comunicativa en linguas estranxeiras e as novas propostas didácticas, metodolóxicas e de avaliación. Este é coordinado polo centro de Formación do Profesorado en idiomas (CFPI).
Deste xeito o profesorado pode observar in situ os procesos de aprendizaxe dos alumnos, fomentando o traballo en grupo de profesores e levando a cabo proxectos conxuntos.
O pasado mes de febreiro catros mestras do CEP Plurilingüe de Riomaior desprazáronse ao colexio CEIP Margarita Sala de Arroyo de la Encomienda en Valladolid, e foron testemuñas  en primeira persoa dos aprendizaxes das metodoloxía que levan a cabo en dito colexio.
Nesta ocasión contamos coa visita de catro mestras do CEIP Margarita Salas para vivir en primeira persoa o proxectos que se levan a cabo no CEP Plurilingüe de Riomaior.
A este acto acudiu o Inspector Xefe D. Manuel Torres, o Inspector do Centro, D. Carlos Rábade Pallarés,  o director do CFR de Pontevedra D. Jesús Álvarez, o director do CAFI e os representantes do CFR de Valladolid.
Este é un proxecto pioneiro en Galicia e pensamos que será unha boa semente para futuros proxectos de cooperación entre os centros.

 

QUEN É EMILIA BYTE?

 

Clicade na imaxe, abride é coñecede a Emilia Byte!
Distribuir contido


by Dr. Radut