Skip to Content

Secretaría e documentación

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2018/2019

Infórmaselles que está aberto o prazo para presentar as solicitudes para o vindeiro curso académico 2018/2019 de:

  • Fondo solidario de libros de texto (para 3º, 4º, 5º e 6º de E.P.)

  • Axudas para adquirir libros de texto (para 1º e 2º de E.P.) para rendas per cápita familiares non superiores a 9.000 € no exercicio fiscal 2016.

  • Axudas para adquirir material escolar (para toda a E.P.) para rendas per cápita familiares igual ou inferiores a 5.400 € no exercicio fiscal 2016.

Prazo de presentación de solicitudes (ANEXO I): Ata o 22 de xuño.

Lugar e horario de presentación: Secretaría do centro, en horario de 8:50 a 13:30 horas.

 

Todo o proceso está detallado na información adxunta.

 

 
   

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E TRANSPORTE DO CONCELLO DE MUROS 2016/2017.

Infórmaselles que o concello convoca axudas para o material escolar do alumnado de Educación Infantil.

 

Dispoñen das bases e do modelo de solicitude nas oficinas dos Servizos Sociais, Casa da cultura e na web do concello.

USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR 2016/2017

Todas as solicitudes presentadas antes do 30 de xuño están admitidas.

Listaxe aprobada no Consello Escolar do 30 de xuño de 2016.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Axudas material escolar: requisitos

a) Ser pai, nai, titor ou titora do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.

b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.
 

 Prazo de presentación solicitudes no centro


Inicio do prazo: 02.09.2015

Fin do prazo: 01.10.2015

 
   

PERIODO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2018/2019

PERIODO DE ADMISIÓN

O prazo de presentación de solicitudes de reserva de praza para o vindeiro curso 2018/2019 é dende o 1 ata o 20 de marzo.

Poden recoller os impresos na conserxería do centro e descargalos na web.

Achégase máis información nos enlaces.

 
   

IMPRESO XUSTIFICACIÓN FALTAS ALUMNADO

Distribuir contido

        

 



by Dr. Radut