O claustro de mestras e mestres do centro deséxanlles unhas Felices Festas na compañía das persoas queridas e que o ano vindeiro sexa xeneroso para todos e todas. | |
Durante o mes de decembro recolleranse no centro alimentos típicos do Nadal. Serán destinados a "Cáritas Muros". |
25 outubro - 1 novembro: Semana Mundial da Alfabetización en Medios e Información (AMI) a proposta da UNESCOA UNESCO propón a celebración da Semana Mundial da Alfabetización dos Medios de Comunicación e da Información (MIL) 2017, a #GlobalMILWeek como un medio para visibilizar as experiencias en materia de educación nas linguaxes dos diferentes medios de comunicación, nun contexto de alfabetizacións múltiples e coa intención de formar ao alumnado como consumidores pero, especialmente, como produtores de información a través dos diversos medios de comunicación: prensa, radio, televisión, vídeo, fotografía, audio, produtos transmedia, internet... máis infomación e recursos en http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1022 |
|
O 30 de xaneiro do 2012, conmemoración do Día da Paz, todo o alumnado do centro escribiu dezaseis mensaxes de paz, amor, solidariedade, tolerancia, etc. Mensaxes que se intruduciron nunha botella que logo se lanzou ao mar. A botella viaxou ata as costas de Florida coincidindo o seu achazgo co quinto centenario do descubrimento desta península por Ponce de León. Rafael Picón, escultor andaluz que fixo a estatua de Ponce de León, púxose en contacto co centro para relatar o sucedido ao centro e remitiu as mensaxes de volta vía correo electrónico.
|
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- seguinte ›
- última »