Skip to Content

Está a disposición de toda a comunidade educativa, no apartado de Dinamización Lingüística desta web, a Revista Escolar do curso 2017/2018.



Infórmaselles que está aberto o prazo para presentar as solicitudes para o vindeiro curso académico 2018/2019 de:

  • Fondo solidario de libros de texto (para 3º, 4º, 5º e 6º de E.P.)

  • Axudas para adquirir libros de texto (para 1º e 2º de E.P.) para rendas per cápita familiares non superiores a 9.000 € no exercicio fiscal 2016.

  • Axudas para adquirir material escolar (para toda a E.P.) para rendas per cápita familiares igual ou inferiores a 5.400 € no exercicio fiscal 2016.

Prazo de presentación de solicitudes (ANEXO I): Ata o 22 de xuño.

Lugar e horario de presentación: Secretaría do centro, en horario de 8:50 a 13:30 horas.

 

Todo o proceso está detallado na información adxunta.

 

 
   


INVESTIGAMOS SOBRE A MULLER

Estamos investigando sobre as súas vidas e descubrindo a grandes mulleres da nosa historia e da actualidade. Nos nosos corredores quedan expostos estes traballos que esperamos sexan do voso agrado. Asómbranos a cantidade de obstáculos que moitas mulleres teñen atopado nas súas vidas para poder realizarse como persoas. Son o noso exemplo e inspiración!!
 

 

CORRESPONSABILIDADE

Animádevos a traer as vosas fotos para o noso mural da CORRESPONSABILIDADE. Porque a casa é de todos os membros da familia que conviven nela e, polo tanto, as tarefas domésticas son obriga de todos/as. Gústanos corresponsabilizarnos!!!



A nosa compañeira Ainara Fernández Rivadeneira vén de gañar o Campionato Galego de Campo a Través para atletas en idade escolar, polo que todos/as estamos moi contentos de ter unha campiona entre nós. Os resultados acadados polo alumnado do centro, especialmente polas nenas, nesta competición é un motivo de orgullo para todos/as nós e quixemos celebralo e facerlle unha pequeña homenaxe á nosa campiona.
PARABÉNS AINARA!!!


        

 



by Dr. Radut