Estimadas familias:
Infórmase que unha vez finalizado o proceso de solicitude de praza no comedor escolar para o curso 2022/2023 contabilizamos máis solicitudes que prazas, polo que debemos baremar ditas solicitudes.
É preciso que as familias que solicitan por primeira vez o servizo acheguen ao centro a seguinte documentación antes do 22 de xullo:
- Modelo de Autodeclaración da Renda 2021.(Achégase modelo).
- E de ser o caso, certificado indicando a incompatibilidade do horario de traballo dos proxenitores coa saída do seu fillo/a ao mediodía.
Atentamente,
A dirección
|
|
|
|
|
|
|
|