Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/2023

FONDOLIBROS CURSO 2022/2023

Aberto o prazo para as solicitudes ata o 22 de xuño.

  •  Fondo solidario para libros de texto para 3º, 4º, 5º, 6º.
  •  Axudas para adquirir os libros de texto para 1º e 2º (rentas per cápita non superiores a 10.000€ no exercicio fiscal 2020)
  • Axudas para adquirir o material escolar para toda a primaria (rentas per cápita non superiores a 6.000€ no exercicio fiscal 2020).

Poden presentar as solicitudes preferiblemente por vía electrónica a través da aplicación Fondolibros https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ; a través da sede electrónica da Xunta de Galicia  https://sede.xunta.gal  ou presencialmente na conserxería do centro de 10.00 a 12.00h.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR EN CASO DE SOLICITUDE PRESENCIAL

Xunto co Anexo I debidamente cumprimentado deberá presentar:

a) Anexo II (comprobación de datos)

b) Copia do libro de familia onde figure o alumno/a e o resto dos membros computables.

En caso de separación: sentenza de divorcio e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do alumno/a.

c) Certificado de discapacidade do alumno ou familiar non expedido pola administración autonómica.

d) Documentación xustificativa de situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabiliatada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa de situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

Para máis información:   https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220518/AnuncioG0598-020522-0001_es.html

AdxuntoTamaño
anexo I fondolibros.pdf1.54 MB
anexo II fondolibros.pdf990.25 KB

        

 



page | by Dr. Radut