DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA NO CURSO 2021/2022.
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL NO CURSO 2021/2022. ALUMNADO DESTINATARIO Alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial: a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022. b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións: • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. • Alumnado matriculado en educación especial. • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia. • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR).
• Forma de presentación da solicitude:Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a. • Prazo: 1. Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia: 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 de novembro de 2021.
|
|
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXOS I E II DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS 21-22.pdf | 1.23 MB |
ORDE DO 28 DE OUTUBRO DE 2021.pdf | 747.25 KB |