Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021/2022

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 

CURSO 2021/2022

Infórmase que dende o 21 maio ao 22 de xuño está aberto o prazo para presentar as solicitudes para o vindeiro curso académico 2021/2022 de:

  • Fondo solidario de libros de texto (para 3º, 4º, 5º e 6º de E.P.)

  • Axudas para adquirir libros de texto (para 1º e 2º de E.P.) para rendas per cápita familiares non superiores a 10.000 € no exercicio fiscal 2019.

  • Axudas para adquirir material escolar (para toda a E.P.) para rendas per cápita familiares igual ou inferiores a 6.000 € no exercicio fiscal 2019.

Prazo de presentación de solicitudes (ANEXO I e II)Ata o 22 de xuño.

Lugar e horario de presentación: Preferiblemente por vía electrónica ou na Conserxería do centro, en horario de 10:00 a 12:00 horas.

Poden presentar as solicitudes por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Neste caso será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.

 

FONDOLIBROS 2021/2022

PRAZOS

Presentación de solicitudes

Do 21 maio ao 22 de xuño

Preferiblemente por vía electrónica

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2021

Publicación das listaxes provisionais 

1 de xullo

Reclamacións ás listaxes

2 días despois da publicación 

Publicación das listaxes definitivas no taboleiro de anuncios

6 de xullo

Entrega de libros de texto Fondolibros 2020/2021

1ª semana de xuño

Recollida de vales Fondolibros 2021/2022

1ª semana de xullo

Recollida de libros de texto Fondolibros 2021/2022

setembro

   

RECOLLIDA DE VALES FONDOLIBROS 2021/2022

Na CONSERXERÍA en horario de 10:30 a 13:00 h.

No caso de ter fillos/as en diferentes niveis, acudirán ao centro o día da entrega de vales do curso superior.

1º e 2º nivel E.P.

3º e 4º nivel E.P.

5º e 6º nivel E.P.

MARTES 6 DE XULLO

MÉRCORES 7 DE XULLO

XOVES 8 DE XULLO

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NO CASO DE SOLICITUDE PRESENCIAL:

 

Xunto coa solicitude (Anexo I) presentarase a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

b) Libro de familia no que figuren todos os membros computables da unidade familiar. Só no caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2019, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

  •  Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
  •  Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

c) Certificado do grado de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, ou do alumno/a.

d) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.

e) Certificado de convivencia ou informe de servicios sociais no caso de que os pais ou titor/a careza de DNI ou NIE.

 

Máis información do proceso nos seguintes enlaces:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/34035

 

ORDE DO 6 DE MAIO DE 2021

 

Documentación solicitude:

CLICAR: Anexo I e II

 

VER NOTA INFORMATIVA ADXUNTA.

AdxuntoTamaño
FONDOLIBROS 2021-22.pdf859.81 KB

        

 



page | by Dr. Radut