Skip to Content

IMPORTANTE: AVALIACIÓN DO 2º TRIMESTRE E BOLSAS COMEDOR ESCOLAR.

Estimadas familias:

 

Tendo en conta a ampliación do estado de alarma durante dúas semanas máis, INFÓRMASE QUE:

  • A segunda avaliación dase por finalizada o día 13 de marzo. O profesorado avaliará ao alumnado tendo en conta as actividades realizadas ata esa data. Poderán consultar o boletín de cualificacións a través da aplicación ABALARMÓBIL, a partir do venres 3 de abril ás 12:00 horas.
  • Dende o 6 ao 13 de abril son vacacións de Semana Santa. Non se recomendan actividades académicas para ese período.
  • Bolsas usuarios comedor (ORDE do 27 de marzo 2020)Poderán ser beneficiarias destas compensacións as familias con un ou máis fillas/os escolarizados en centros públicos xestionados pola Consellería que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro nas relacións de comensais correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).PRAZO DE SOLICITUDE: Dende o luns 30 de marzo ao luns 6 de abril.

Estean pendentes á web e á aplicación ABALARMÓBIL, publicaranse as novas a través destes medios.

Moito ánimo e unha aperta!

A Dirección

 
   

        

 



page | by Dr. Radut