6ºA

Animación á lectura con 6º: Ledicia Costas

Unha de animación á lectura! Canso

Os nenos e nenas de prepáranse con ilusión para recibir a Ledicia Costas, namentres o #Equipo de biblioteca Guay prepararou para eles, unha divertida animación á lectura, cun doce agasallo final!

 

Os nosos pequenos escritores: Mateo Álvarez Rivas 6ºA

 

OS TERRACOTAS

 

 

Esta historia comeza cando o primeiro emperador chino Quin, que uniu toda China, ordenou que fixeran oito mil soldados de arxila vermella para que o acompañasen na outra vida, dado que antigamente tíñanse moitas supersiticións sobre a outra vida. Empezou a gobernar aos 12 anos e morreu aos 24 anos.

 

Todos os emperadores chinos anteriores a este enterraban soldados para acompañalos na outra vida para que o protexeran, pero Quin pensou que se mataba a oito mil soldados chinos para esa viaxe, deixaría a China sen exército. Por iso mesmo ordenou que fixeran oito mil soldados chinos de arxila vermella, os cales foron enterrados ao redor da tumba de Quin . Estes soldados foron atopados por uns campesiños ao cavar un pozo en busca de auga. Estes soldados estaban pintados pero dende que se sacaron debaixo da terra destintáronse e romperon. Estas estatuas tiñan armas e armaduras pero como o país estaba na ruína sabotearon a tumba de Quin para obter beneficios vendendo as armas. O emperador Quin non confiaba ao cen por cen de que o seu plan funcionase, entón por se acaso ordenou que mataran a dez persoas próximas, estas persoas e o emperador Quin aínda non se desenterraron por mor de que se descompoñan.

 

O segundo emperador Shunzy ordenou tamén que fixeran estatuas de terracota, pero como o país estaba na ruína, decidiu que fosen máis pequenas. Este emperador foi máis listo ca Quin e ordenou que fixeran estatuas doutro tipo como de animais para comer, de entretemento, etc.

 

Mateo Álvarez Rivas

 

PHOTOCALL DO DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Hoxe moitos dos nosos nenos e nenas estiveron posando no photocall organizado para o día Internacional Da Non Viloencia contra a Muller. O alumnado de 6º elaborou para a ocasión unha serie de slogans alusivos do tema. Moitas foron as actividades que tódolos cursos levaron a cabo co fin de sensibilizar a nenos e nenas deste tema. Preme enriba da imaxe para acceder ao photocall completo.

https://goo.gl/photos/qr2QJ4oY3U9G41s26

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer