CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Axudantes de biblioteca!

Os nenos e nenas  seguen a formarse como usuarios da biblioteca! 

3ºA (30/11/17)

 

4ºB (20/11/17)

 

 

5ºA  e 5ºB (29/11/17 e 30/11/17)

SAMAÍN-HALLOWEEN 2017

O martes todo o colexio aproveitou para celebrar o Samaín. Os nenos que así o quixeron colaboraron traendo unha cabaza decorada, que formou parte da exposición.

O alumnado de 1º e 2º curso estiveron decorando o corredor central con terroríficos morcegos e gatos negros da boa sorte, e quedou impresionante.

Despois todos xuntos foron a biblioteca a escoitar contos de medo, pero contos de medo de Tomiño,... a mariamanta, o tardo e a Santa Compaña,...

Tamén nas clases de inglés celebraron o seu Samaín, solo que lle chaman Halloween,...

Se queredes ver as fotos deste día de medo premede na imaxe...

FRAN ALONSO SORPRÉNDENOS!

FRAN ALONSO (Vigo, 1963), escritor, editor e periodista visitou a nosa biblioteca. A este vigués gústalle sorprender coa poesía, e vaía se o fixo! 

Os nenos e nenas de 3º e 4º EP quedaron abraiados cando lles dixo que "o seu gato é poeta, que escribe porque lle peta".

A Fran Alonso gústalle fusionar poemas, caligramas e xogos de palabras. Así nolo demostrou! 

 

 

 

Os nenos e nenas de 6º seguen formarse para ser axudantes da biblioteca.

A #Biblio-Caselles segue a formar os seus usuarios!

O martes os nenos e nenas de lembraron que era o "tejuelo" e para que servía, ordearon alfabéticamente e colocaron os libros no seus andeis correspondentes!

Xa case están preparados para ser #axudantes de biblioteca!

Mirade canto se esforzaron! 

 

2º sesión: 14/11/17

 

1º sesión

Recreos na biblioteca!

Tempo de lecer, tempo de biblioteca! Inocente

 

Mércores 8 de novembro  

As nenas e nenos de 1º queren ser bibliotecarios!

Os nenos e nenas de 1ºforon visitar a #Biblio-Caselles para recibir a formación de usuarios!

Mirade canto aprenderon e que ben o pasaron!Canso

 

Celebramos o DÍA A BIBLIOTECA!

O 24 de outubro é un día dobremente importante, pour unha banda celébrase o DÍA DA BIBLIOTECA e por outra, celébrase o Día da Biblioteca Escolar. 

Cada ano proponse un lema e encárgase a súa interpretación a un creador ou a unha creadora fértil do mundo da ilustración en Galicia. Xosé Tomás é o ilustrador elexido para achegarnos a súa idea de que ñé para él unha biblioteca. 

Aprender a pensar coa biblioteca escolar é o lema elixido e convida a aproveitar os recursos, os espazos, os tempos e as actividades que a biblioteca pon a nosa disposición.

 

 

A #Biblio-Caselles quixo celebralo tamén de dúas maneiras: Cunha xornada de LECTURAS COMPARTIDAS e PORTAS ABERTAS!

As familias foron convidadas a vir a lernos os seus contos e libros favoritos!

Aquí podedes ver as nosas lectoras invitadas

6º de primaria coa nai lectora: Natalia Jorge Pereira.

5º de primaria coa nai lectora: Rosa Mª Senra Barros.

4º de primaria coa nai lectora: Ana Mª Gómez Barbosa.

 

3º de primaria coa nai lectora: Mª Violeta Lorenzo Iglesias.

 

2º CELEBRA O OUTONO

Nenas e nenos de 2º estiveron facendo unha actividade conxunta para celebrar a chegada do outono decorando a súa zona. Usamos algunhas das moitas follas que caeron no noso patio. Para ver tódalas fotos, premede na imaxe.

As nenas e nenos de 5º queren ser axudantes de biblioteca!!!

As nenas e nenos de 5ºA e 5ºB están a aprender a usar a biblioteca, pero tamén a ser "AXUDANTES DE BIBLIOTECA".Inocente

Poderán emprestar ou devolver libros, axudar a colocar e incluso catalogar!!!

Podedes ver canto desfrutan nesta animación!!!Guiño

Poemas birollos para ler cos olhos.

Os nenos e nenas de e 4º Canso foron os escollidos para participar na animación á lectura desta semana e para coñecer a obra de Fran Alonso.

Este poeta e escritor, axúdase de cancións infantis e  concibe a poesía como algo lúdico e divertido.

Os poemas, na súa opinión, nacen de dúas formas fundamentais: a poesía visual e a oralidade. 

Bota man de elementos gráficos para facer os poemas que se lean como se fosen cadros.

Distribuir contido